Skip to Content

Charla sobre a "Trata e comercio de seres humáns"

 

Os alumnos de 4º ESO asistiron á charla impartida por un voluntario do Centro de día Oblatas O’ Mencer, único recurso especializado nas mulleres vítimas da explotación sexual nas comarcas de Ferrolterra e Eume.

Falou da lacra da prostitución e trata de blancas a nivel internacional. Explicou os termos trato, tráfico ilícito e explotación sexual, diferenciados según o grado de consentimento, transnacionalidade e explotación. Concretou quen o sofre, os modos de coacción e control e as consecuencias psíquicas e físicas.

Deuse a coñecer o traballo que levan a cabo para restaurar os dereitos desas mulleres, os recursos cos que contan, as actividades de apoio e formación, asesoramento xurídico e atención sociolaboral.

Os alumnos reflexionaron sobre esta gran violencia sobre a mulleres que non sempre é recoñecida, co fin de taballar pola igualdade, a integración e transformación social.



blog | by Dr. Radut