Skip to Content

Campaña "Polo bo trato"

No 25 de novembro participamos có resto dos centros escolares nunha andaina cara o Concello de Neda para poñer voz ao que pensamos sobre o maltrato de calquera xénero. Os grupos de rapaces que alí estiveron recitaron poesía, leron relatos ou manifestos de xeito positivo fronte a esta lacra, porque así ten que ser, dun xeito positivo unir forzas polo bo trato.

Logo do acto e das palabras da concelleira de educación e do alcalde, os alumnos estaban invitados a un chocolate con bola de Neda que saborearon ao redor da Casa das Palmeiras nun día radiante no que a solta de globos foi espectacular.

Moitas grazas ao Concello por organizar estas actividades.

Se queredes ver as fotos do evento premede na foto inicial.



blog | by Dr. Radut