Teléfono 881930387 Código do centro: 15027216 ies.fernando.esquio@edu.xunta.gal
Procedemento para a matrícula na ABAU
Os pasos a seguir para realizar a matrícula na ABAU son:
- - Comprobar os datos, sobre todo o número de teléfono e o correo electrónico
- - Pagar as taxas do título de bacharelato
As instruccións para o pago podedes velas en: Pago de taxas (recoméndase a opción 3 de pago telemático).
Pídesnos uns códigos que son:
Consellería: 07
Delegación: 13
Servicio: 03
Taxa: 302003
3. - Cubrir o impreso de matrícula ABAU
4.- Pagar as taxas da ABAU, isto pódese facer de dúas formas:
a) Cubrindo a man o Modelo de autoliquidación e presentalo no banco.
b) Telemáticamente, no NERTA, accedendo mediante usuario e contrasinal. Non se pode facer ata que esté feita a prematrícula. O procedemento para a prematrícula se describe a continuación:
- Presentar na secretaría do IES Fernando Esquío a seguinte documentación:
a) Xustificantes de pago do título de BAC e da matrícula da ABAU (se se fai o pago no banco)
b) Fotocopia do carné de familia numerosa (FNCX ou FNCE) de ser o caso
c) Impreso cuberto da matrícula da ABAU
d) Fotocopia do DNI
- Unha vez entregado todo xérase unha conta de usuario para acceder a NERTA e recíbese un código para activar a conta de usuario. Se non se fixo o pago da matrícula ABAU, hai que facelo nese momento a través de NERTA.