Skip to Content

Novas

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O día 4 de novembro, na Aula de informática número 2, os alumnos de 1º de Bacharelato A e 2º de Bacharelato A participaron nunha videoconferencia con científicos da USC co gallo do día da Ciencia en Galego.

CONCURSO DE LECTURA, RECITADO E CONTACONTOS DE TEXTOS DE CUNQUEIRO

Entre o 24 de outubro e o 3 de novembro tivo lugar na biblioteca un concurso de lectura en alto, recitado de poemas e contacontos de obras de Álvaro Cunqueiro, organizado polo EDLG. Esta actividade celebrouse nos recreos e contou coa participación do alumnado, profesorado e outros membros da comunidade educativa.

CONCURSO DE LECTURA EN ALTO DA OBRA DE LOIS PEREIRO

Durante a semana do 23 ao 27 de maio na biblioteca terá lugar un concurso de lectura en alto organizado polo EDNL. Profesores e alumnos competiremos por transmitir con sentimento os fermosos poemas de Lois Pereiro. Animádevos a participar!

Próxima actividade: Saída a Gondomar

3 DE MAIO 2011: INTERCAMBIO CO IES AUGA DA LAXE DE GONDOMAR

 

SAÍDA DE RIANXO A GONDOMAR: ÁS 9,20 DA MAÑÁ

VOLTA A RIANXO: ARREDOR DAS 8 DA TARDE

 

O alumnado participante debe pasar a recoller as autorizacións o martes 26 no 1º recreo e entregalas o xoves 28 no 1º recreo.

Vocabulario mariñeiro


Pincha aqui para descargar o noso vocabulario mariñeiro


Yolanda Castaño fala no IES Félix Muriel sobre a poesía galega actual

A poeta Yolanda Castaño estivo o pasado 30 de abril no noso IES para falarnos da poesía galega actual. Recitounos textos de poetas coetáneos e tamén seus.

Neste vídeo podemos escoitar un momento da súa moi interesante intervención.

A poeta Yolanda Castaño no noso IES

A poeta Yolanda Castaño vai estar no noso IES o vindeiro día 30 de abril á 1 da tarde. Durante unha hora daralles ós alumnos e alumnas de 1º e 2º de Bacharelato unhas nocións básicas sobre a poesía galega actual. Recitará algúns versos propios e ademais falaralles sobre o proceso de creación poética.

Actividades do ENDL

No arquivo adxunto podedes ver tódalas actividades programadas desde o ENDL para o 2º e 3º trimestre.

Datos sociolingüísticos desde os anos 90 á actualidade

No documento anexo pode verse unha presentación onde se recollen os datos sociolingüísticos referidos ás dúas últimas décadas. As gráficas foron elaboradas basicamente a partir da información que contén o Mapa sociolingüístico de Galicia.

Distribuir contido


by Dr. Radut