Skip to Content

NOVAS

GAÑADORAS E GAÑADORES DO CONCURSO DE DESEÑO XOUBA'S

16/03/2023 13:16
Europe/Madrid

Abre o arquivo adxunto para coñecer o nome das persoas gañadoras do concurso

DATA DAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN EN INGLÉS

10/03/2023 20:48
21/03/2023 20:48
Europe/Madrid

As probas de nivel para a certificación en Inglés serán realizadas o martes 21 de marzo de 16.30 a 18.30 horas na aula de Informática 1 do IES. O alumnado de 2º de Bacharelato e 2º de ciclo medio matriculado nas probas deberá acreditar a súa identidade mediante a presentación do DNI en vigor. O alumnado terá que presentarse 15 minutos antes, ás 16 15.

Campamento espacial europeo

O Campamento Espacial Europeo é un campamento de verán que vai ter lugar en  Andøya Rocket Range, Noruega durante os meses de verán.

Prazo do inscricición ata o 13/02/2023.

Poden participar estudantes de todo o mundo, de 17 a 20 años, interesados no espazo e a ciencia, e con formación en física e matemáticas.

Requisitos:

 - Ter entre 17 e 20 anos

- Dominio de inglés e sentir paixón pola ciencia

Para máis información deben premer na ligazón: http://www.eurodesk.es/program/campamento-espacial-europeo

 

Bolsas do Ministerio de Educación e FP

Acaban de convocarse as bolsas do Ministerio de Educación e Formación Profesional para a participación nun programa intensivo de inmersión ingüística en inglés en España durante o mes de xullo de 2023.

As persoas destinatarias son alumnado de Bacharelato e de Grao medio de Formación profesional.

 

Achégase o anuncio publicado no BOE o día 31 de xaneiro de 2023.

Prazos: a presentación de solicitudes remata o 3 de abrilde 2023 e farase a través da sede electrónica da páxina do ministerio www.educacionyfp.gob.es.

DÍA DE CASTELAO E DA PAZ

Como todos os anos a comunidade educativa do IES Félix Muriel celebra o Día da Paz e o Día de Castelao, conxuntamente, xa que, se hai unha figura que se identifica coa paz en Galiza, esta non é outra ca o rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Este ano, entre outras moitas actividades, optouse por un lectura continuada da súa obra, a cal está sendo retransmitida en directo.

A lectura comezou coa intervención do director do centro, Ramón Veiga, o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, en representación do pobo de Rianxo, e continuou co alumnado, profesorado, persoal non docente, pais e nais...

 

 

 

 

Calendario de pendentes. Curso 2022 -2023

Achégase o calendario de probas oficiais de materias pendentes. Lémbrase que os departamentos poden establecer datas para entrega de material.

INFORMACIÓN EDIXGAL PARA AS FAMILIAS

O alumnado, profesorado e familias participantes no programa E-Dixgal dispoñen dunha serie de elementos, que lles permiten desenvolver un ensino dixital: aulas dixitais, equipamento de alumnado e profesorado de uso persoal, un entorno virtual de aprendizaxe, variedade de contidos dixitais, programas de formación, ferramentas de intercomunicación e colaboración.

 

Soporte premium E-Dixgal en puntos de atención (debidamente sinalizados co logotipo do proyecto) espallados por toda a xeografía galega. Aquí o mapa:


Folleto informativo

PROTOCOLO DE USO DOS EQUIPOS EVA E-DIXGAL

Formato vídeo

 

Formato presentación

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2022 - 2023

Achégase a listaxe de libros do curso 2022 - 2023.

 Téñanse en conta a informació daqueles libros marcados con asterisco (*).

 

COMEZO CURSO 2022 - 2023

Infórmase de que o día 9 de setembro todo o alumnado asistirá ao centro no horario habitual, de 8:30 e 14:10 horas.

Clases en horario habitual

    • Mañá do luns: 8:30 a 14:10 horas (ESO, Bacharelato e Ciclos).
    • Tarde do luns: 16:20 a 18:00 horas (ESO, Bacharelato e Ciclos)
    • Mañá de martes, mércores, xoves e venres: 8:30 a 14:10 (ESO e Bacharelato) // 8:30 a 15:00 (Ciclo)

Un saúdo e bo comezo de curso

Probas acreditación Lingua Estranxeira

Estratexia Edulingüe 2030

A Xunta de Galicia vén de convocar as probas de nivel para a certificación de competencias en linguas estranxeiras dirixidas ao alumnado que no curso 2022-23 estea matriculado en 4º curso de Educación Secundaria Obrigatoria, na etapa de Bacharelato ou en ciclos de Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

Os estudantes que participen nela poderán certificar a súa competencia lingüística nos niveis B1, B2 ou C1 do Marco Europeo de Referencia para as Linguas do Consello de Europa (MCERL).

Desde o centro infórmase que non ten a validez das probas da Escola Oficial de Idiomas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut