Pois sí. Non somos quen de explicarnos cómo a profesora de física e quimica, Mónica Iglesias Maneiro, consegue, ano tras ano, gañar na súa categoría a Carreira Popular organizada polo concello de Rianxo. E queda como si houbera dado un paseíño romántico ou unha relaxada andaina por unha corredoira amena. Estamos empezando a coidar que alí, no seu laboratorio inventou a fórmula da eterna xuventude e vitalidade (iso ou pactos aracanos con Mefistófeles).
Noraboa un ano máis, Mónica! e, si é posible, pásanos ás demáis un pouco da pócima...