Skip to Content

MATRÍCULA ABAU 2021

Horario Secretaría: 9:00 - 14:00 Horas

 

Detectado un positivo por COVID-19 no centro. 23/04/21

Infórmase de UN novo caso positivo por COVID-19 no IES Félix Muriel. O alumnado ou profesorado que se vexa afectado será informado persoalmente. 

 Para máis información poden acceder ao documento que se adxunta.

PROBAS EXTRAORDINARIAS DE PD E LIBRES FP

Publicación das datas e lugar de realización das Probas Extraordinaras de PD e as de realización de Probas Libres para a Obtención de Títulos de FP LOE 2020-21.

 

 

PUBLICACIÓN CUALIFACIÓNS 2ª AVALIACIÓN

Boa tarde, 

 

mañá, 26 de marzo, ás 15:00 horas publicaranse as cualificacións relativas á 2ª avaliación. 

Estas poderán consultarse a través da aplicación do Abalar Móbil. Aqueles responsables que non se dispoña desta aplicación, pódense poñer en contacto co centro a través do correo electrónico: ies.felix.muriel@edu.xunta.gal

Lémbrase tamén que, no caso de desexar obter unha información máis polo miúdo da evolución do seu fillo ou filla, poden solicitar cita co profesorado titor a través da aplicación Abalar Móbil. 

Tres alumnas do IES Félix Muriel obteñen premio no Certame Literario Minerva

  

 

 

 

 

 

 

 

 

O xurado dos Premios Minerva fixo públicos os nomes e as obras gañadoras do concurso de narrativa e poesía organizado polo Colexio M. Peleteiro de Compostela. Todas as gañadoras son rapazas e das súas obras o xurado destacou a calidade. Estas mozas veñen a sumarse á relación de autores e autoras que comezaron a súa traxectoria nos Premios Minerva: Darío Xohán Cabana, Suso de Toro, Xavier Queipo, Xosé Antón Neira Cruz, Berta Dávila ou Olga Novo.

Noraboa a Noelia Fernández polo seu relato Quén vive no 4ªB?, que lle valeu o segundo premio de narrativa!

Noraboa a Paula Tubío polas súas Historias inéditas, que lle valeron o segundo premio en poesía!

Noraboa a Alba Comojo por Gaivota/Tic Tac/Obsesións, que logrou unaccésit en poesía!

‘Nós Diario’ celebra a semana da prensa e escolle, entre outros, o IES Félix Muriel

Alumnado de toda Galiza prepárase para conmemorar a ‘semana da prensa’ na escola. Desde a Consellaría de Educación convidan os centros escolares a escoller un día da semana vindeira, entre o 8 e o 12 de marzo, para traballar nas aulas con xornais. ‘Nós Diario’ súmase a esta celebración co lanzamento do especial InFormarNos.

Comeza o Ciclo CAMIÑANDO ENTRE MULLERES

 

Hoxe comeza unha nova edición do ciclo CAMIÑANDO ENTRE MULLERES que se organiza cada ano no noso centro.

Nesta edición imos contar coa presenza -nalgúns casos virtual, dadas as circunstancias- de:

Admisión Curso 2021/22

Alumnado de novo ingreso procedente de centros non adscritos

Día da Lingua Nai

O 22 de febreiro celebramos o Día da Lingua Nai. Aquí vos deixamos o enlace ao traballo feito polo alumnado ao longo dese día:

21F21. Día da lingua nai

"falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre"

Celso Emilio Ferreiro

ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO DE CENTROS ADSCRITOS 21-22

A dirección do centro anuncia que TODO o alumnado de centros adscritos que fixo a reserva de praza no IES Félix Muriel resultou admitido.

Distribuir contido


by Dr. Radut