Estimadas familias,
O vindeiro luns 23 de setembro terá lugar de 10:30 a 18:00 horas a I xornada de covivencia (de 8:30 a 10:10 horas o alumnado terá clase).
Esta xornada desenvolverase en diferentes arenais de Rianxo e pretende ser unha actividade de inicio de curso e presentación oficial da participación do centro no proxecto europeo ProBleu e do #EUBeachCleanup.
O alumnado desenvolverá diferentes actividades relacionadas ca recuperación e protección destes espazos combinadas con outras actividades máis lúdicas, e sempre acompañado de profesorado do centro.
É importante que o alumnado veña coa roupa axeitada, con comida (bocadillo, froita etc) para xantar e con crema solar.
Aquel alumnado que non participe na xornada de convivencia quedará no centro realizando tarefas deseñadas pola equipa docente.
Por favor as autorizacións asinadas que foron enviadas (en formato papel) entregaranse ao/á titor/a.