Skip to Content

Aprendendo con Henar sobre a ataxia de Friedreich

 

Hoxe en clase de Atención Sanitaria contamos coa visita de Henar Rodríguez. É enxeñeira técnica informática e estudante de psicoloxía e de lingua de signos, e fai moitas outras cousas a pesar de padecer ataxia de Friedreich.

Compartiu connosco como foi o seu proceso tanto físico coa progresión da enfermidade, así como o seu proceso de dó e ata chegar a adaptación á súa situación.

 

Da súa man afondamos na importancia que teñen as persoas que escollen traballar de asistente persoal para a calidade de vida das persoas que sofren esta afectación, e de como poden axudarlle a desenvolver o seu día a día.

 



blog | by Dr. Radut