«AQUÍ MEDRA A LINGUA. EXPERIENCIAS DE DINAMIZACIÓN DO GALEGO NA ESCOLA».
A nosa lingua, o noso patrimonio máis importante. No IES Félix Muriel temos claro que somos o que somos grazas á nosa lingua, de aí que se nos convidase a participar no proxecto do Consello da Cultura Galega «AQUÍ MEDRA A LINGUA. EXPERIENCIAS DE DINAMIZACIÓN DO GALEGO NA ESCOLA».
A presentación será en Burela este luns 21, que vai ser o primeiro vídeo que se lance. Depois cada semana publicarase un vídeo. Este é o calendario previsto, se ben pode ter algunha modificación:
- IES Perdouro, Burela. O MODELO BURELA. Estrea 21 de marzo
- CPI Virxe da Saleta, Cea. REFORZAR O PROPIO. Estrea 28 de marzo
- IES Félix Muriel, Rianxo. ACTIVISTAS DA LINGUA. Estrea 04 de abril
- CEIP Barouta, Ames. ALIANZAS NECESARIAS. Estrea 11 de abril
- CRA Nosa Señora do Faro, Ponteceso. MILITANTES DA CONTORNA. Estrea 18 de abril
- CEIP Quintela, Moaña. DA EMOCIÓN Á COMPETENCIA. Estrea 25 de abri.
Orgullosos do noso alumnado e da nosa lingua.