Skip to Content

Presentación Monte Vivo

Inicio

 

Camiñando cara un obxectivo común

 

Marrco teórico. Biocultura:

          Expresión da raíz común que vincula a dicotomía natureza-cultura, dende a que poder interpretar as formas históricas efectivas nas que nos constituímos como comunidades nunha conformación activa co territorio e sobre un fondo indispoñible e incalculable que como valor en si mesmo resulta condición necesaria e previa para a existencia.

                   Tripla motivación impulsou a evolución do proxecto:

          1.-  A consciencia de que a reversión dos incendios só pode facerse posible dende unha concepción e unha ordenación sustentábeis do territorio, concibido como habitat na que teña realización unha efectiva conciencia ecosocial. Incorporación de aquí de aportacións da biocultura a modo ferramentas coas que poder incidir sobre o territorio como dita totalidade.

          2.- Orientar o desenvolvemento competencial do alumnado de cara a idear modelos de ordenación e medidas de intervención a prol da sustentabilidade do territorio.

          3.- A oportunidade de situar as propostas e iniciativas que foron xurdindo sobre o marco efectivo da xestión do monte e o territorio que realizan as propias comunidades. Compartindo a comunidade educativa e as propias Comunidades de Montes o mesmo horizonte e o mesmo fin.

 

Obxectivos:

1.- Contribuír a asimilar unha concepción ecosocial e integral do territorio como espazo dunha biodiversidade cultural e natural que merece ser vivido e ao que debemos ter dereito.

2.- Contribuír ao coñecemento da biocultura e as súas aportacións para facer posible unha ordenación do territorio baixo o criterio da sustentabilidade.

3.- Tomar conciencia da singularidade que conforma a organización comunitaria da propiedade comunal do monte en Galicia o seu devir histórico e o seu modelo de integración e xestión horizontal.

4.- Promover o deseño de espazos e intervencións medioambientais sobre o patio escolar e o seu contexto como realización de aprendizaxes motivadoras.

5.- Contribuír ao coñecemento da casuística e afectación no territorio dos incendios forestais e a súa reversión mediante proxectos sustentábeis de ordenación.

6.- Potenciar a elaboración de proxectos no alumnado cunha metodoloxía de aprendizaxe-servizo imbricada na biocultura.

7.- Tomar conciencia da crise sanitaria e da pandemia actuais dende claves interdisciplinares e dos límites do noso modelo civilizatorio e a necesidade de compromiso cara un modelo sustentábel do  territorio.

 

Interdisciplinariedade:

          - Orientouse ao alumnado de ESO.

          - Nas materias de Educación para a Cidadanía, Valores éticos, Filosofía, Xeografía e Historia, Lingua galega e literatura, Bioloxía, Tecnoloxía, Economía e Francés en grupos de todos os niveis e cunha carga horaria correspondente a un terzo da actividade lectiva semanal.

          - Asumíronse diferentes ritmos de dedicación segundo as dinámicas adoitadas nas diferentes áreas docentes.

          - Achegáronse coñecementos procedentes da propia comunidade nos desenvolvementos competenciais do alumnado;    

                            -  Comunidades de montes.

                             -  Cofraría de pescadores.

                             -  Asociación AVOAR.

                  - Achegas que fixeron as persoas de idade das familias comuneiras ao seren interpeladas polos mozos e mozas nunha problemática que para aquelas ten a maior relevancia; o futuro da propia comunidade en torno á mellora e preservación dos bens comunitarios

 

          Dese modo a interdisciplinaridade no plano académico ven conxúgase coas formas de saber e facer comunitarias. As vertentes, a dos coñecementos e a dos saberes, urdiron un tecido sobre o que dotar de sentido as actividades.

 

 

Desenvolvemento do proxecto.

          - Incidíuse en diferente grao segundo o nivel de adscrición aos grupos do profesorado implicado.

           - A situación de pandemia condicionou a configuración dos espazos na aula e a interacción e traballo en grupo do alumnado. Porén, resultou un factor compensatorio as múltiples intervencións no exterior.

             - O profesorado coordinouse e foi integrando as actividades do programa de modo axeitado ás dinámicas interdisciplinares e ao fío do desenvolvemento curricular das materias.

       - O de investigación ESCULCA da facultade de Pedagoxía da USC, que se interesou polo noso programa e que por medio do profesor David García Romero, axudounos a planificar e concretar a formulación pedagóxica de Aprendizaxe-Servizo.

 

                   Estrutura: Actividades a partir de nós temáticos

1.- A memoria do monte

          1.1 .- Elaboración de vídeos nos que o territorio fale por medio das testemuñas das persoas maiores

             Memoria 1                Memoria 2               Memoria 3          Memoria 4

          1.2.- Somos os que foron, foron os que somos.

             

          1.3.- Paraxes nomeadas, paraxes mudadas? 

 

2.- O monte mancomunado; a propiedade comunitaria do monte

          2.1.- O réxime da propiedade comunal.

          2.2.- Orixes históricas dos montes comunais

          2.3.- O rexurdir das Comunidades de montes despois do franquismo

    

          2.4.- Somos comunidades. Encontro entre o alumnado e os representantes das Comunidades de montes

                     Encontro

 



story | by Dr. Radut