Prazo presentación solicitudes: 21/05/2021 - 22/06/2021
- Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).
- Solicitude sede electrónica
- Solicitude en papel
- Listaxe provisional admitidos e excluídos Fondo Libros 2021/22: data límite de publicación o 9 de xullo de 2021.
De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, daráselle publicidade da listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario; da listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluídas, con indicación da causa de exclusión; e da relación provisional e definitiva de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar en que se detecten deficiencias, con indicación da deficiencia detectada ou da documentación de que carezan. Estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. (Consultar na Secretaría do centro)
Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.
https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional.
As listaxes definitivas publicaranse o 15 de setembro de 2021 como data límite.