Skip to Content

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS DO MES DE XANEIRO

Comezamos o segundo trimestre con moita enerxía e, proba diso, son as numerosas actividades previstas para este mes.  

9 de xaneiro: Actividade de cohesión TEI. Actividade na que o alumnado de 1º e 3º de ESO tivo que resolver distintas probas empregando a pericia de titor e titorando.

18 de xaneiro: Visita á catedral de Santiago. Os alumnos de arte, Historia de España e Relixión de 1º e 2º de bacharelato visitarán o Pórtico da Gloria e o Museo catedralicio e ademáis  subirán aos tellados.

 19 de xaneiro: O alumnado de 1º e 2º de Bacharelato escoitará a Anik Nandi, un sociolingüista  hindú  que visitará nestes días varios centros  para falar sobre  a dinamización do galego.

20 de xaneiro: O alumnado da ESO desfrutará dun espectáculo teatral de títeres: Os vellos non deben namorarse.  Para ver este espectáculo, desprazarémosnos ata o Auditorio de Rianxo.

30 de xaneiro:   Día da Paz e de Castelao. Ademáis  o 30 comenzará unha semana de Memoria Histórica organizada polo Departamento de CSXH e que contará con exposicións e diferentes charlas. 

 



book | by Dr. Radut