XOVES 1 DE DECEMBRO |
Salón de Actos do Auditorio de Rianxo - 20.30 h |
CICLO DE RELATO BREVE E MÚSICA, LIÑAS PARALELAS: Memorias laborais |
Historias e sucedidos no mundo do traballo Oito xoves ás oito e media no Auditorio de Rianxo durante os meses de outubro a decembro:
Dirixidas a todos os públicos |
DOMINGO 4 DE DECEMBRO |
Auditorio de Rianxo - 17.00 h |
III Concurso de Música Tradicional Fogo Fatuo |
A Asociación Sociocultural Fogo Fatuo organiza o III Concurso de Música Tradicional Fogo Fatuo, que terá lugar no Auditorio de Rianxo o domingo 4 de decembro ás 5 do serán. As categorías son a de gaita solista e cuarteto tradicional. A Deputación da Coruña dota con 500 euros o primeiro premio da categoría de solista e o Concello de Rianxo premiará con 1000 euros o grupo gañador do certame na categoría de cuarteto tradicional. |