Os Departamentos de Física e Química e Tecnoloxía non pararon estes días.
O 17 deste mes de novembro os alumnos de 4º ESO visitaron Galiciencia acompañados das profesoras Mónica Iglesias e Pilar Torres. Arredor dela, organizáronse de forma paralela, talleres e espectáculos, relacionados este ano 2016 coas matemáticas.
Coma sempre, viñeron encantados e con desexos de voltar.
O día 22 os alumnos de 1º e 2º de BAC visitaron e participaron nun obradoiro nas Facultades de Minas, Química, Ciencias do Mar e Bioloxía da Universidade de Vigo. A actividade tamén foi coordinada polas mesmas profesoras. Incansables! Todo un éxito!