Skip to Content

PARABÉNS

 

Mónica Iglesias, profesora de Física e Química do noso Instituto , acadou o segundo lugar , na súa categoría, na IV Carreira Popular do Concello de Rianxo e, por si fora pouco, foi a  primeira corredora local, gañadora indiscutible do Trofeo Xosé Neira Hermida. Según as súas palabras, chegou á meta chorando de emoción e acompañada de tres atletas, un deles, Marcos Rial,  alumno de 1º de BAC.

Non é a primeira vez que Mónica Iglesias participa nestes eventos. Con anterioridade, na Primeira Edición desta competición, resultou gañadora nas dúas modalidalidades. Outros anos, conseguiu tamén  trofeos en  Boiro e Porto do Son. Agardamos que participe este curso e, coma sempre, deixe ben alto o pavillón!

PARABÉNS, MÓNICA!!!

 

       

 

 

 

 



story | by Dr. Radut