O pasado 20 de setembro, os alumnos de Bacharelato e Ciclo, asistiron á conferencia inaugural de Xosé Luis Axeitos, que estivo acompañado poo alcalde, D. Adolfo Muiños, e polo Director do IES, Ramón Veiga.
Malia ter sido o seu primeiro coloquio nun Instituto, o profesor Axeitos amosou con claridade como o seudónimo de Félix Muriel foi tomando unha vida paralela ao propio Dieste, convertíndose nun alter ego do autor e firmando textos, na súa maioría de ideoloxía política.
O profesor rematou cunha frase bastante significativa:
"No fondo de Félix Muriel é posible que se atope o resentimento de Rafael Dieste por ter abandonado a cultura galega"
Adxunto | Tamaño |
---|---|
XOSÉ LUIS AXEITOS.jpg | 90.35 KB |
XOSÉ LUIS AXEITOS (2).jpg | 103.04 KB |