Unha vez máis, Bibliomuriel é portadora de boas novas.
Alumnas do noso instituto volveron deixar o pavillón moi alto: recibiron o recoñecemento da USC aos mellores expedientes.
Éstas son as nosas campeonas:
Aldara Tubío, Aldara Muíños e Noelia Martínez . Faremos mención especial de Aida Saco, que aínda que non puido cursar o BAC no noso IES, tamén acadou o premio tan ansiado por todo estudante.
Parabéns para as protagonistas, os seus pais e os profesores: Imos a "toda máquina".
Esperamos que para o curso que ven se repita cos novos alumnos.
Elas son un orgullo para o Centro e unha referencia para os demáis.
Agora, adiante! Queda o máis doado!: Cumprir os vosos soños.
E por aquí esperamos seguir nós, na vosa casa. Animándoos sempre!.