DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ, 2018

O día escolar da non violencia e a Paz, que se celebra en España desde 1964, conmemora a morte da Mahatma Gandhi que foi asasinado o 30 de xaneiro de 1948. Nesta data lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz. O lema oficial é "Amor universal, Non-violencia e Paz. O Amor universal é mellor que o egoísmo, a Non-violencia é mellor que a violencia e a Paz é mellor que a guerra".

SEMANA DA CONSTITUCIÓN

Recordade que esta semana só haberá clase ata o martes. As clases reanudaranse o luns 11 de decembro. O 6 de decembro conmemórase a celebración do referendo de 1978 no que o pobo español aprobou a Constitución. O 7 de decembro foi establecido pola Xunta de Galicia como Día do Ensino co obxectivo de unificar a celebración dos patróns de cada nivel educativo. O 8 de decembro celébrase o día da Inmaculada Concepción. Aproveitade este días!

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

O 17 de decembro de 1999 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, convidando a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a desenvolver actividades dirixidas a sensibilizar a poboación a respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres.

Páxinas