ADMITIDOS EN PRIMEIRO FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

A continuación podedes descargar a relación de alumnos/as admitidos en 1º de Formación Profesional Básica de Informática e comunicacións para o curso 2017-2018. Os candidatos que resultaran admitidos deberán formalizar a matrícula do 13 ao 15 de setembro de 2017. 

O alumnado repetidor ou que teña promoción ao segundo curso formalizara a matrícula no mesmo periodo.

INICIO E PRESENTACIÓN DO CURSO 2017-2018

Na educación secundaria, no bacharelato e na formación profesional a impartición efectiva de clases realizarase do día 15 de setembro de 2017 ao 21 de xuño de 2018, ambos inclusive. A presentación e comezo do curso terá lugar o venres 15 de setembro ás 12:00 no salón de actos. O transporte escolar pasará polas respectivas paradas coa antelación acostumada. Unha vez rematada a presentación os autobuses sairán do centro ás 13:00.

Páxinas