Documentos centro

Neste apartado poderedes atopar todos os documentos que rixen o funcionamento do centro. Aqui estan as Normas de organización e funcionamento, o Plan de convivencia, O Plan xeral de atención á diversidade, o Plan de accion titorial e outros documentos de interese para a comunidade educativa.

 

NORMAS PARA A REVISIÓN DE DOCUMENTOS

A revisión dos documentos do centro poderá ser solicitada polo profesorado ao equipo directivo no último claustro do curso. En calquera caso, as solicitudes deberán facer referencia expresa aos artigos a cambiar ou modificar. A partir dese momento o equipo directivo iniciará a súa revisión, que incluirá na Programación Xeral Anual do centro, e presentara a súa proposta de modificación.

Se queredes propor a revisión dalgún destes documentos ou facer algún tipo de suxestión ou proposta de modificación podedes empregar o Formulario para revisión de documentos.