Calendario de eventos

06 Febreiro 2020

PROCESO DE INSCRICIÓN PARA A PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA ERASMUS+

O IES Espiñeira, convoca o proceso selectivo para asignar bolsas de mobilidade dentro do Programa Erasmus+, destinadas a estudantes de ciclos formativos de grao medio recentemente titulados para realizar prácticas en países europeos. Estas bolsas están destinadas a estudantes de ciclos formativos de grao medio, que obtiveran o título en decembro do 2019 ou que o fagan en xuño do 2020 para realizar as prácticas de setembro a decembro do 2020.