PROCESO DE INSCRICIÓN PARA A PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA ERASMUS+

O IES Espiñeira, convoca o proceso selectivo para asignar bolsas de mobilidade dentro do Programa Erasmus+, destinadas a estudantes de ciclos formativos de grao medio recentemente titulados para realizar prácticas en países europeos. Estas bolsas están destinadas a estudantes de ciclos formativos de grao medio, que obtiveran o título en decembro do 2019 ou que o fagan en xuño do 2020 para realizar as prácticas de setembro a decembro do 2020.

O prazo de inscrición será ata o 25 de febreiro de 2020. Para a inscrición, os candidatos entregarán a seguinte documentación en Secretaría:

Ficha de inscrición (Word)

• Unha copia do DNI.

• A documentación acreditativa (Certificación OFICIAL) de coñecemento de idiomas que poidan aportar.

Para máis información podes descargar as bases da convocatoria. O importe da beca, varía segundo o país e podes consultalo aquí.