Skip to Content

SOLICITUDE CICLOS

Este ano non hai período de solicitude de ciclos superiores en setembro. Podedes consultar máis información na ligazón ciclosadmisión e na web da Consellería de Educación.

 

Concurso de fotografía Covid e medioambiente

Xa coñecemos as e os gañadores dos premios de fotografía "Covid e medioambiente"! Parabéns polas vosas imaxes, testemuño da nosa historia máis recente!!!

1º: Lucía Rodríguez (3º ESO

2º: Xoán Carballal (2º ESO)

3º: Lorena Diz (4º ESO)

 

Fondo solidario de libros de texto e material escolar

Publicada no DOG do 20 de maio, a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22.

O prazo remata o día 22 de xuño de 2021 incluído.

alumnado con necesidades específicas de apoio educativo matriculado en 1º, 2º, 3º ou 4º da ESO, cando a xuízo do centro docente, non poida utilizar os libros os libros do Fondo, recibirá un vale para libros e outro para material escolar en función do nivel de renda (agás o alumnado en garda ou tutela da Xunta de Galicia para o que non se terá en conta o nivel de renda)

 

Formas de presentación:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario Anexo I dispoñible na aplicación informática fondolibros ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Máis información na páxina web da Consellería.

Como na convocatoria anterior, no caso de que opten por presentar a solicitude no centro, terán que previamente cubrir todos os datos na aplicación Fondolibros; logo deberán gardala para obter o número de solicitude e posteriormente imprimila para presentar na secretaría do centro xunto co Anexo II  (debidamente asinados) e o resto da documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación).

Para maior información sobre o proceso de xestión informática da solicitude, pode acceder ao Manual do cidadán a través da seguinte ligazón.

 

 

 

 

Oferta formativa de Formación Profesional 2021-22

Publicada no DOG do luns 7 de xuño a ORDE do 24 de maio de 2021 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2021/22 e a ORDE do 24 de maio de 2021 pola que se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia, de ciclos formativos de grao medio e de gr ao superior de formación profesional en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2021/22.
Máis información no portal de FP premendo na ligazón 
#FPGalicia
 
 

Admisión e matriculación ESA

ADMISIÓN

DOCUMENTACIÓN

  • Certificación académica completa dos estudos que cursou (ESO, PCPI, FP….). Non é necesario para o alumnado que xa está cursando ESA no IES Escolas Proval.
  • Fotocopia do DNI/NIE/Pasaporte
  • Cubrir impreso na secretaría (pode descargalo na seguinte ligazón).

PRAZO E LUGAR DA PRESENTACIÓN

  • O prazo é do 1 ao 15 de xuño de 2021 (ambos inclusive) na secretaría do centro en horario de 9:00 a 14:00 horas.
  • O alumnado poderá seguir presentndo solicitudes fóra deste prazo ata que se cubran as prazas.

MATRICULACIÓN (no momento en que teña praza adxudicada) 

DOCUMENTACIÓN

  • Se é menor de 28 anos: Xustificante de pago de taxa de seguro escolar (1,12€  en calquera sucursal  de  NOVAGALICIA BANCO, na conta  nº  ES32 2080 5035 06 3040010691 co nome completo e curso do alumno/a: ex. Pedro Pérez Pérez, ESA)
  • Se é maior de 28 anos: Non terás que facer este abono                               
  • Dúas fotografías tamaño DNI co nome completo no revés
  • O impreso de MATRÍCULA na secretaría
  • Declaración responsable de NON ESCOLARIZACIÓN noutro centro na ESA
  • Cuestionario médico
Distribuir contido


by Dr. Radut