Admisión e matriculación ESA
ADMISIÓN
DOCUMENTACIÓN
- Certificación académica completa dos estudos que cursou (ESO, PCPI, FP….). Non é necesario para o alumnado que xa está cursando ESA no IES Escolas Proval.
- Fotocopia do DNI/NIE/Pasaporte
- Cubrir impreso na secretaría (pode descargalo na seguinte ligazón).
PRAZO E LUGAR DA PRESENTACIÓN
- O prazo é do 1 ao 15 de xuño de 2021 (ambos inclusive) na secretaría do centro en horario de 9:00 a 14:00 horas.
- O alumnado poderá seguir presentndo solicitudes fóra deste prazo ata que se cubran as prazas.
MATRICULACIÓN (no momento en que teña praza adxudicada)
DOCUMENTACIÓN
- Se é menor de 28 anos: Xustificante de pago de taxa de seguro escolar (1,12€ en calquera sucursal de NOVAGALICIA BANCO, na conta nº ES32 2080 5035 06 3040010691 co nome completo e curso do alumno/a: ex. Pedro Pérez Pérez, ESA)
- Se é maior de 28 anos: Non terás que facer este abono
- Dúas fotografías tamaño DNI co nome completo no revés
- O impreso de MATRÍCULA na secretaría
- Declaración responsable de NON ESCOLARIZACIÓN noutro centro na ESA
- Cuestionario médico