Skip to Content

As voces de Xela

Co gallo da Semana das Letras, o noso alumnado de 1º e 2º ESO e de 4º da ESA recitou unha selección de poemas de Xela Arias dos seus poemarios Darío a diario e Tigres coma cabalos. Estas gravacións recolléronse en cinco montaxes de vídeo "As voces de Xela" que podedes ver e escoitar premendo nas estrelas da imaxe e nas que se mesturan os recitados con imaxes tiradas das súas obras e doutras publicacións, alén da música de A banda da loba. De seguro, que serán quen de vos trasmiitir, coas súas voces, toda a sensibilidade coa que a poeta compuxo os seus versos.

Fin de curso 2020/21

Velaquí o calendario coas datas máis signficativas deste fin de curso:

2º BACHARELATO

Publicación das cualificacións

martes 22 de xuño (ás 20:00 h. envío por Abalar) e mércores 23 de xuño recollida en Xefatura de Estudos 

Reclamacións ás cualificacións no centro

mércores 23 e venres 25 de xuño (ata as 14:00 h)

Resolucións das reclamacións polos departamentos 

luns 28 de xuño ás 9:30 h.
Prematrícula extraodinaria ABAU no centro   luns 28 de xuño 
Exames ABAU 13, 14 e 15 de xullo

ESO+1ºBAC+FPBÁSICA

Remate das clases

Publicación das cualificacións

martes 22 de xuño

25 de xuño ás 10:00 h nas aulas de referencia (ás 12:00 h. envío por Abalar)

Reclamacións ás cualificacións no centro

 

ata o mércores 30 de xuño ás 14:00 h.

Certame Beatriz da Serra

O venres 25 de xuño fixemos entrega nos xardíns da biblioteca de Baiona dos premios do II Certame de poesía Beatriz da Serra, organizado polos equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Escolas Proval, IES Terra de Turonio e do CEIP Carlos Casares. As gañadoras deste ano recitaron os seus micropoemas, xunto ás premiadas do ano pasado dado que non tiveran a oportunidade de celebralo por mor da pandemia. Ademais, contamos coa recreación musical de poetas galegas de antano e hogano a cargo de Luís o Caruncho, como Rosalía de Castro, Marica Campo, Xela Arias ou Marta Dacosta. Entre os premios, un lote de libros e unha escultura de Antón Román. Grazas, Marisa e Marta, por promover entre o noso alumnado o amor pola poesía e polo galego, e ás nosas magníficas presentadoras, Dessi, Jimena e Tania! Noraboa ás premiadas do primeiro certame (Iria Pazos, Noa Sabín, Iria Ludeña, Irene Pérez, Clara Rey e Helena Iglesias) e do segundo (Adriana Gómez, Laura Burgo, Isis Acea, Lucía Martínez, Jimena Costas e Paula Álvarez) e a todas e todos os participantes! Que medre a canteira de poetas do Val Miñor!

Acto de graduación de 4º ESO

Mulleres na historia

Este ano, dentro da materia de Igualdade, o noso alumnado de 1º e 2º ESO foi instruído na creación de vídeos pola produtora creativa Illa Bufarda mediante o obradoiro de creación audiovisual "Mulleres na historia". Logo dunha primeira parte teórica no instituto, a rapazada tivo que elaborar unha escaleta para entrevistar a mulleres da familia ou da contorna que contaron as súas propias experiencias de vida. Como resultado deste traballo, velaquí tedes a montaxe final que recolle as vivencias de Rosita (Isis Acea), Charo (Noelia Carro), Belén (Daniel García), Margarita (Saray Prado), Olivia (Blanca Fernández), Ana María (Aitana Quintas), Carmen (Alba Rodríguez), Macarena (Dessiré González) e Loli (África Cuña). Moitas grazas a estas nove mulleres, testemuño vivo dun cacho da historia do Val Miñor, e parabéns ao alumnado que nos permititu visibilizalas!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut