Skip to Content

Secretaría

Jack the Ripper

Whitechapel, agosto-novembro de 1888, un asasino en serie actúa impunemente aterrorizando Londres... pero tentaremos dar co culpable! Examinaremos os crimes de Jack the Ripper, observando atentamente as súas cartas e os informes médicos e policiais, así como os artigos xornalísticos da época. Coñeceremos a vida do Londres vitoriano a través de fotos antigas e maquetas. Analizaremos os sospeitosos e tentaremos decidir sobre a súa culpabilidade e, como non, ao sermos un club de lectura, leremos libros e cómics sobre o noso protagonista, e autores como Conan Doyle -a través do seu personaxe Sherlock Holmes-, o seu coetáneo Óscar Wilde e, por suposto, o gran Jules Verne; tres referentes da cultura literaria decimonónica e actual, de antes e de agora...

 

 

VI Olimpíada de Xeografía

Este ano foron as alumnas de 2 bacharelato A, Nerea Fernández, Denise Giráldez, Lidia Montes, Antía Pérez e Eva Piñeiro -xunto coa súa profesora Tereixa Otero- as nosas representantes na “VI Olimpíada Xeográfica de Galicia” celebrada hoxe na faculdade de Xeografía e Historia do campus compostelán; houbo que madrugar bastante pero pagou a pena vivir a experiencia! 

Las flores de Greta

Hoxe alumnado de ciclo medio e superior de Administrativo puido escoitar a experiencia emprendedora de tres mozas que crearon en Morgadáns a empresa innovadora e ecolóxica “Las flores de Greta”; empregando a técnica artesanal do ecoprint son quen de estampar as cores das follas e flores en tecidos de orixe orgánica como a seda, a la, o liño ou o algodón.

.

 

GADISA

O alumnado de 2º CM de Xestión Administrativa visitou as instalacións de GADISA en Betanzos, empresa de capital integramente galego, punteira do sector da alimentación, que está a expandirse ao resto do Estado. 

 

 

 

Día de Rosalía

O 24 de febreiro é o Día de Rosalía e temos previsto desenvolver no centro e fóra del varias actividades para homenaxear a gran poetisa das letras galegas. 

SEMANA DO 17 AO 21 NA BIBLIOTECA

Música e obradoiros: papiroflexia, preparación de agasallos poéticos, elaboración de materiais para ambientar os espazos, recitado de poema, e elaboración de marcapáxinas.

DÍA 28. CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA (mañán na Biblioteca e tarde no Auditorio)

Na Biblioteca (10:40-14:30 h):

  • Alborada musical interpretada polo alumnado de 3º ESO
  • Lectura de poemas
  • Entrega de agasallos poéticos
  • Sorteo de agasallos rosalianos entre o alumnado participante na lectura

No Auditorio de Nigrán (actividade organizada polo EDLG e a Concellería de Cultura):

  • Actuación de Tino Baz
  • Actuación da coral Novos Aires de Nigrán
  • Lectura de poemas
  • Presentación a cargo do noso alumnado

Syndicate content


by Dr. Radut