Skip to Content

Secretaría

Torneo fútbol

Parabéns aos gañadores do torneo de fútbol, o "Rápido de avarías", integrado polos alumnos de 1º do ciclo superior de Administración e finanzas: Gonzalo Moreira, José Luis Rodríguez, Adrián Misa, Alex Hidalgo, Andrés Romero, Víctor Pérez e Pablo Veloso. Noraboa tamén para os finalistas, "Os guapos", e grazas ao resto de participantes, así como aos organizadores de 1º de bacharelato!

Proxecto ProDaes

Infórmase ás familias de que, a partir de mañán, o alumnado de 3º e 4º ESO, bacharelato e FP Básica comezará a realizar as enquisas do proxecto ProDaes.

Dirección do IES Escolas Proval

Presentación ESA

ESA

2º e 4º cursos

(13 de febreiro - 19 de xuño 2020)

A presentación e inicio das clases de 2º e 4º da ESA terá lugar o próximo 13 de febreiro ás 18:30 horas na Aula Multiusos (ximnasio)

José Manuel Ceide López

A Dirección, o Claustro do profesorado, o Departamento de Electrónica, o Persoal de Administración e Servizos e a comunidade educativa do IES Escolas Proval lamentan con triste e profundo pesar o falecemento, no día de hoxe, do profesor José Manuel Ceide López, quen impartiu docencia e maxisterio neste centro durante máis de trinta anos.

Unimos a nosa dor á da súa familia e á de todos aqueles amigos/as, compañeiros/as e alumnos/as que compartiron o seu camiño.

Descanse en Paz.

Gañadores no concurso galego de Robótica

Parabéns ao noso alumnado de 1º do ciclo medio de Instalacións de Telecomunicacións, tras obteren o 1º premio no "X Obradoiro e concurso galego de Robótica. A maxia da Robótica", na categoría de Bacharelato-FP.

Esta actividade -promovida por Igaciencia e desenvolvida en colaboración co servizo municipal de Educación do concello da Coruña- celebrouse ao longo desta semana no IES Ramón Menéndez Pidal e nel participaron máis de 1200 alumnos e alumnas dunha trintena de centros de toda Galicia. O obxectivo deste obradoiro de programación e robótica é conseguir que o alumnado participante adquira os conceptos computacionais básicos para comunicarse e saber como darlle ordes a un robot, e xestionar múltiples aspectos da vida cotiá, cunha aprendizaxe colaborativa que combina creatividade con pensamento algorítmico. Os premios aos gañadores entregáronse este venres 29 de novembro ás 17.00 horas no salón de actos deste centro coruñés. 

 

 

Noraboa ao equipo  gañador formado por Gabriel, Aarón, Ismael, Pedro Hermida e Pedro Rodríguez; aos seus profesores, Ricardo Santos e José Carlos García; e, como non, a tod@s os participantes na edición deste ano!

Syndicate content


by Dr. Radut