Skip to Content

Secretaría

Anástrofe

No marco das actividades que estamos desenvolvendo co fin de concienciar o noso alumnado sobre a necesidade de erradicar a violencia de xénero, insírese a perfomance que nos ofreceu María Vallina o pasado 11 de novembro. 

Con esta representación pechouse a cuarta edición do programa "Mulleres en acción. Violencia zero", promovido pola Deputación de Pontevedra para loitar contra a violencia de xénero. Na compaña das deputadas Isaura Abelairas e Raquel Giráldez -alén do alcalde Juan González e as concelleiras de igualdade, Patricia Diego, e de educación, Marina Vidal-, profesorado e alumnado puidemos interactuar coa artista asturiana e reflexionar, nesta simbólica peza Anástrofe, sobre a necesidade de "inversión" do noso papel pasivo na sociedade fronte a violencia machista e a obriga de implicarnos na loita das mulleres desde as tarefas máis cotiás, porque todos e todas somos partícipes dun cambio necesario!

Próximos días non lectivos

Lembrámoslles que ata o martes 5 de novembro non se reanudarán as clases. Velaquí os días non lectivos establecidos no calendario escolar 2019-20:

  • xoves 31 de outubro: Día do Ensino
  • venres 1 de novembro: Día de Todos os Santos
  • luns 4 de novembro: Día non lectivo elixido polo centro 

 

 

Ciclos formativos: Inicio das clases

As clases comezarán o luns 23 de setembro no seguinte horario:

  • C.F. grao medio XESTIÓN ADMINISTRATIVA (diúrno): 8:45 h. Aulas 18 e 19.
  • C.F. grao superior ADMINISTRACIÓN e FINANZAS (diúrno): 8:45 h. Aula 9.
  • C.F. grao medio INSTALACIÓNS DE COMUNICACIÓNS (modular): 19:00 h. Taller 3 (1º curso)/Taller 5 (2º curso)/Aula 11 (3º curso)
  • C.F. grao medio INSTALACIÓNS DE COMUNICACIÓNS (diúrno): 8:45 h.
  • C.F. grao superior MANTEMENTO ELECTRÓNICO (diúrno): 8:45 h.
  • C.F. grao superior SISTEMAS DE TELECOMUNICACIÓNS e INFORMÁTICOS: 15:45 h. Taller 1 (1º curso) / Taller 3 (2º curso)

           

Fondo solidario de libros de texto e material escolar: listaxes definitivas

Xa podedes consultar a listaxe definitiva de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto e na adquicisión de vales para material escolar correspondentes ao curso 2019-2020.  

 

Listaxe de admisión a FP Básica 2019-20

  • Prema no arquivo adxunto para ver a listaxe de admisión a 1º de FP Básica no ciclo de Informática e comunicacións
  • As reclamacións a esta listaxe poden tramitarse os días 16 e 17 de setembro
  • No caso de seren admitidos, lembren que o prazo para a formalización da matrícula é do 13 ao 20 de setembro
Syndicate content


by Dr. Radut