Restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso 2020/2021, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma.
Prazo de admisión: 11 de maio - 18 de maio
Prazo para a presentación da documentación para a baremación: 11 de maio - 26 de maio
Formas de presentar a solicitude:
- Na secretaria do centro de luns a venres en horario de 10:00 a 13:00 h.
- De xeito telemático a través da aplicación admisionalumnado.
AVISO IMPORTANTE: Por motivos de seguridade sanitaria recomendamos a opción telemática; e, no caso de asistiren presencialmente, rogamos que respecten as distancias de seguridade e as medidas de hixiene necesarias.
Se necesitan solicitar información relacionada con este proceso de admisión ou se teñen calquera outra dúbida sobre a xestión do centro, poden chamarnos ao número 886 110 367.
Quen debe presentar a solicitude:
(Só para alumnado novo non adscrito, que non estea matriculado no IES Escolas Proval no actual curso)
- Alumnado de Primaria que non tivese feito a reserva neste centro en febreiro.
- Alumnado que queira facer o bacharelato nese centro tras ter cursado 4º ESO noutro.
- Alumnado que estea estudando noutros centros e que queira realizar aquí o curso vindeiro.
Publicacion da listaxe privisonal: antes do 9 de xuño.
Reclamacións contra as listaxes provisionais: nun prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
Publicación das listaxes defintivas: ata o 26 de xuño.
Formalización da matrícula ordinaria na ESO e bacharelato: do 1 ao 10 de xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro.