Esta semana reuniuse o xurado encargado de valorar as mellores composicións presentadas para o I Certame de Micropoesía do Val Miñor "Beatriz da Serra", organizado polos Equipos de Dinamización Lingüística do IES Escolas Proval e IES Terra de Turonio, e dirixido a todo o alumnado dos centros educativos da comarca de entre 9 e 20 anos.
O xurado estivo composto por Aurora Fontán Loureiro, profesora do CEP Neira Vilas; María do Carme Vilar Díaz, profesora de Lingua Galega e Literatura e coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI Arquitecto Palacios de Panxón (Nigrán); Natalia Vanesa Vargas González, profesora do CEIP Carlos Casares de Vilariño (Nigrán) e coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega; Santiago Veloso Troncoso, profesor de Lingua Galega e Literatura do IES Terra de Turonio de Gondomar, presidente da asociación Ponte… nas ondas!; e María Pilar Fernández López, profesora de Lingua Galega e Literatura no IES Escolas Proval de Nigrán.
Alumnado premiado por categoría:
MODALIDADE A: ALUMNADO de 4º, 5º e 6º de PRIMARIA
- 1º PREMIO: Iria Pazos Aniorte, alumna do CEIP Carlos Casares, polo poema “Paisaxes esquecidas”.
- 2º PREMIO: Noa Sabín Cardoso, alumna do CEIP Carlos Casares, polo poema “Paxariños”.
MODALIDADE B: ALUMNADO de 1º, 2º, 3º de ESO e de FP BÁSICA
- 1º PREMIO: Iria Ludeña Pérez, alumna do CPI Cova Terreña, polo poema “Unha gaiola de 50 paxaros”.
- 2º PREMIO: Irene Pérez González, alumna do IES Terra de Turonio, polo poema “Pombas e rulas”.
- Por unanimidade, o xurado otorgou mención especial a Iria Ludeña Pérez para constatar a excelencia dos poemas “Abismo” e “Atentamente, eu”, que non poden recibir premio por seren da mesma autora de “Unha gaiola de 50 paxaros”.
MODALIDADE C: ALUMNADO de 4º ESO, BACHARELATO e CICLOS FORMATIVOS
- 1º PREMIO: Clara Rey Barona, alumna do IES Escolas Proval polo seu poema “Dor”.
- 2º PREMIO: Helena Iglesias Cabral, alumna do IES Escolas Proval polo poema “Tan só morren os do primeiro mundo?”
Premios por categoría:
· 1º premio: dotado con dúas antoloxías poéticas das voces máis novas, certificación acreditativa, unha peza cerámica conmemorativa de Antón Román e mais dez exemplares da publicación dos poemas do certame.
· 2º premio: dotado con dúas antoloxías poéticas das voces máis novas, certificación acreditativa e mais dez exemplares da publicación dos poemas do certame.
Tal e como establecen as bases do concurso, os poemas premiados serán publicados nas webs dos centros convocantes e enviados aos medios dixitais do Val Miñor. Ademais, faremos unha publicación impresa, que servirá para lembrar a Beatriz da Serra -a baionesa que se carteou en galego co Conde de Gondomar- e para a difusión dunha selección dos poemas presentados. Os premios serán entregados nun acto poético organizado polos centros convocantes, pedente de momento por mor da crise santiaria.
- Para ver os poemas premiados poden premer no enlace.
- Máis información en ValmiñorTV.
Parabéns ás premidas e moitas grazas ao resto dxs participantes, agardámosvos na próxima edición!