Publicada a listaxe provisional de admitid@s e excluíd@s nas axudas do Fondo solidario de libros e vales de material escolar para o curso 2020/21. Poden consultar o estado do seu expediente (reparto de libros do fondo e vales) presencialmente no taboleiro de anuncios da secretaría do centro ou por vía electrónica accedendo ao menú "cidadán" da aplicación telemática Fondolibros (empregando a Chave 365 ou o certificado dixital). No caso de estraren excluíd@s, poderán presentar a correspondente reclamación na secretaría os próximos 15 e 16 de xullo. O alumnado que teña que examinarse de materias en setembro, e que por tanto deba formalizar a matrícula nese mesmo mes, aparecerá na listaxe como "pendente" e deberá agardar a resolución defintiva que se publicará en setembro.
Os vales de material escolar poderanse recoller na secretaría do centro desde o martes 28 de xullo ao venres 31 de xullo; con todo, e para evitar aglomeracións, recomendamos que se respecte na medida do posible o seguinte calendario:
28 xullo |
vales para 1º ESO |
29 xullo |
vales para 2º ESO |
30 xullo |
vales para 3º ESO |
31 xullo |
vales para 4º ESO |