Skip to Content

Fondolibros

LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDOLIBROS

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS DO
FONDOLIBROS 2023-24

 

Publicación de admitidos e excluídos

     O día 26 de xullo a partir das 16:00 horas publicamos as listaxes de asignacións definitivas do Fondo solidario de libros de texto para o curso 2023-24. As listaxes poderán ser consultadas na aplicación de Fondolibros se os solicitantes dispoñen de certificación dixital ou chave 365. As listaxes poderán ser consultadas tamén no taboleiro da secretaría do IES Elviña a partir do día 27 en horario de atención ao público (de 10:00 a 13:00 horas).

Vales de material

    Os vales de material que aparezan xa asignados nas listaxes provisionais poderán recollerse na secretaría do centro a partir do venres día 14 de xullo no horario de atención de verán (de 10:00 a 13:00 horas de luns a venres laborables). A secretaría pechará os días 24 e 31 de xullo e todo o mes de agosto.

 

 

FONDOLIBROS 2023-2024

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS DO
FONDOLIBROS 2023-24

 

Publicación de admitidos e excluídos

     O día 12 de xullo a partir das 18:00 horas publicáronse as listaxes de asignacións provisionais do Fondo solidario de libros de texto para o curso 2022-23. Lembren que:

A. as listaxes só poden consultarse no taboleiro de anuncios da secretaría do IES Elviña a partir das 10:00 horas do día 13 ou a través da sección de cidadáns da aplicación informática do fondolibros se dispoñen de certificación electrónica ou chave 365.

B. nas listaxes provisionais NON SE FAI ASIGNACIÓN DE LIBROS, só se informa da cantidade mínima de libros que lle corresponden a cada solicitante por renda. A asignación de libros faise nas listaxes definitivas do día 26 de xullo.

C. as persoas solicitantes que aparecen excluídas do Fondolibros poden estalo por distintas causas:

a) problemas cos datos fiscais: as bases de datos de facenda non reflicten datos fiscais dalgún membro da unidade familiar (deben aportar a documentación necesaria na secretaría do centro)

b) problemas coa documentación: deixaron sen entregar documentación necesaria

c) devolución de libros incompleta: teñen os libros da convocatoria 22-23 sen devolver

d) matriculación pendente: os interesados non fixeron a matrícula (téñase en conta que as persoas que formalizasen a matrícula o mesmo día 11 de xullo aparecen rexeitados porque a aplicación tarda un día en volcar os datos de matrícula. Sairán aceptados nas listaxes definitivas).

e) outras causas de exclusión: deberá aportarse documentación necesaria, de ser o caso.


Subsanación de carencias ou erros

   Os solicitantes poderán subsanar as carencias de documentación ao longo desta semana, pero non se actualizarán os seus datos ata a publicación das listaxes definitivas. Estas subsanacións poden afectar ao reparto provisional de libros do resto de solicitantes.

Vales de material

    Os vales de material que aparezan xa asignados nas listaxes provisionais poderán recollerse na secretaría do centro a partir do venres día 14 de xullo no horario de atención de verán (de 10:00 a 13:00 horas de luns a venres laborables). A secretaría pechará os días 24 e 31 de xullo e todo o mes de agosto.

 

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO 22-23

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO
EMPRESTADOS NESTE CURSO 22-23

    Segundo a normativa en vigor, todo o alumnado que recibise libros de texto do Fondo solidario 22-23 deberá telos devoltos con data límite de 21 de xuño de 2023.
   Co fin de cumplir este prazo, desde a secretaría do centro adicaranse dous días para efectuar a devolución seguindo o calendario e o procedemento aquí publicado.

CALENDARIO DE DEVOLUCIÓN
DOS LIBROS DE TEXTO

A. Alumnado de 2º e 4º ESO

   Con excepción do alumnado que sexa avisado previamente para a devolución de libros concretos, NON SE RECOLLERÁN OS LIBROS DE 2º e 4º ESO por non ser necesarios para o fondo do vindeiro ano. Aínda así, as familias que desexen devolvelos virán entregalos á secretaría do centro entre o 19 e o 21 de xuño. NON SE RECOLLERÁ NINGÚN LIBRO DESTES NIVEIS NIN ANTES NIN DESPOIS DESTAS DATAS.

 

B. ALUMNADO DE 1º e 3º ESO

B.1. LUNS DÍA 19 DE XUÑO: devolución dos libros de 1º ESO. O alumnado será chamado por grupos á biblioteca para efectuar á devolución por este orde:

NIVEL E GRUPOHORA DE RECOLLIDA
1º ESO A09:45
1º ESO B10:10
1º ESO C10:30
1º ESO D12:00
1º ESO E
12:30

 

B.2. MARTES DÍA 20 DE XUÑO: devolución dos libros de 3º ESO. O alumnado será chamado por grupos á biblioteca para efectuar a devolución por esta orde:

 

NIVEL E GRUPOHORA DE RECOLLIDA
3º ESO A08:40
3º ESO B09:10
3º ESO C09:40
3º ESO D
10:10



FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2023-2024

FONDO LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR
(CURSO 2023/24)

Normativa legal

Prazos de solicitude e presentación

Documentación necesaria

Listaxes provisionais e definitivas

*     *     *

     Publícase a orde da Consellería na que se establecen as bases e prazos para a solicitude do Fondo solidario de libros de texto e para a solicitude de axudas para adquisición de libros e material escolar para alumnado de ESO no vindeiro curso.

Normativa legal

A normativa legal pola que se rexirá todo o procedemento é a indicada na Orde do 10 de maio de 2023 [DOG do 19 de maio] que se pode consultar completa no enlace de abaixo. Inclúese ademais un extracto da mesma orde coa información máis relevante para as familias.

Volver a inicio


Prazos de solicitude

  • Alumnado con reserva de praza no centro: o prazo de solicitude iníciase o día 20 de maio e remata o día 21 de xuño.

  • Alumnado de incorporación tardía: o alumnado que deba incorporarse ao centro fóra do prazo ordinario disporá dun mes de prazo para solicitar o Fondolibros contado a partir da formalización da súa matrícula. En ningún caso se tramitarán solicitudes con posterioridade ao 31 de marzo.

  • Alumnado que repita 4º de ESO e aquel que non obteña praza en FPBásica: se non tivese presentado solicitude de participación no fondo solidario no prazo ordinario, tamén poderá presentala no prazo dun mes desde a formalización da matrícula.


Lugares de presentación

  • Vía electrónica. As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación Fondolibros da Consellería de Educación a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • No propio centro de ensino. Tamén poderán presentarse cubertos no centro de ensino no que estea admitido ou teña reserva de praza en horario de atención de secretaría (mañás de 09:00 a 14:00 horas).
  • No centro no que se atopa matriculado pendente de admisión noutro centro. Alumnado que solicitou praza noutros centros e está pendente de que lle asignen praza en escolarización subsidiaria. Unha vez se lle asigne praza, o novo centro solicitará o traspaso do Fondolibros presentado en prazo.
  • Rexistros oficiais. Poderán presentarse as solicitudes en calquera rexistro oficial dos establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Volver a inicio


Documentación

  • Formularios do Anexo I e Anexo II da Orde cubertos.
  • Fotocopia do DNI de todos os membros da unidade familiar para resolver posibles dúbidas nos datos dos formularios.
  • Documentación complementaria que corresponda da que se indica no Artigo 11 da Orde. A saber:

- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodio do/a menor. Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios: 1º Certificado ou volante de convivencia / 2º Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
- Certificado de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo.
- Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión da medida.
- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en sitación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou de órgano equivalente do concello onde resida a familia, no cado de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

Volver a inicio

Listaxes do Fondolibros

Listaxes provisionais. De acordo coas bases da convocatoria, publicaranse as listaxes da resolución provisional con data límite de 12 xullo. Os participantes no proceso disporán de dous días para facer alegacións ou reclamacións contra as listaxes provisionais.

 

Listaxes definitivas. Publicaranse o 26 de xullo.


INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE AS LISTAXES:
De acordo coas bases da convocatoria e coas instrucións da Consellería de Educación, as listaxes poderán consultarse unicamente a través da aplicación informática ou en persoa na Secretaría do centro. 

Volver a inicio

adorno

DEVOLUCIÓN DE LIBROS. NOTA IMPORTANTE

Os libros de texto obtidos do fondo solidario ou a través das axudas para material escolar no curso 2022-23 deberán devolverse no centro en bo estado antes do 21 de xuño. A non devolución de TODOS OS LIBROS PRESTADOS implicará a perda automática do dereito ao fondo.

Volver a inicio

VALES EXTRAORDINARIOS DE MATERIAL (FONDOLIBROS 2022-23)

CONCESIÓN DE VALES DE MATERIAL EXTRAORDINARIOS DO FONDOLIBROS 2022-23

    A Xunta de Galicia comunica aos centros oficialmente que en datas próximas procederá á asignación directa dun vale de material extraordinario por valor de 25 € a todos os participantes do Fondolibros 2022-23 que xa recibiran o vale de 50 € asignado ata agora. A concesión do novo vale será directa e sen ter que facer xestión algunha por parte das familias e terá efecto desde o día seguinte á publicación da nova normativa no DOG.

     Avisarase proximamente a través de ABALAR unha vez que os vales estean dispoñibles para a súa recollida na secretaría do centro.

 

 CONTÍA 25 EUROS
 TRAMITACIÓN Automática para todos os que recibiron o vale anterior
 RECOLLIDA

 Na secretaría do centro a partir do día seguinte
 á publicación no DOGA da orde de pago
(AVISARASE POR ABALAR)

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut