Skip to Content

Avaliación

Calendario de avaliacións

Datas de avaliación

(Curso 2018/19)

A. Avaliación inicial de ESO: días 26 de setembo e 3 de Outubro de 2018.

B. Avaliacións de pendentes:

Pendentes de ESO:
Avaliaranse conxuntamente coas avaliacións ordianarias

Pendentes de Bacharelato: 2 de Maio de 2019

C. Avaliación de 2º de Bacharelato

1ª avaliación: martes 27 de Novembro. Entrega de notas: 28 de Novembro.
2ª avaliación: martes 26 de Febreiro. Entrega de notas: 27 de Febreiro.
3ª avaliación: en torno ao 22 de Maio (dependendo das instrucións ABAU).

D. Avaliación de ESO e 1º de Bacharelato

1ª avaliación: 19 e 20 de Decembro. Entrega de notas: 21 de Decembro
 avaliación: 13 e 14 de Marzo. Entrega de notas: 15 de Marzo
3ª avaliación: en torno ao 20 de xuño (pendente da determinación do calendario final de curso)

CUALIFICACIÓNS 2ª AVALIACIÓN

REMATE DA 2ª AVALIACIÓN
E CUALIFICACIÓN DO ALUMNADO

     O IES Plurilingüe Elviña, en consonancia coas recomendacións da Consellería de Educación, Universidade e FP, manterá o calendario previsto de peche da segunda avaliación compartido con alumnado e familias ao inicio de curso. Polo tanto, o persoal docente, na medida do posible coas limitacións actuais, completará o seu labor de avaliación a tempo para proceder á difusión das cualificacións parciais ás familias a partir do venres 3 de abril, tal e como estaba previsto.


Aspectos da excepcionalidade do proceso
de avaliación pola alerta sanitaria

  • Cómpre ter presente en todo momento o contexto de excepcionalidade sin precedentes da situación actual, que pode esixir modificacións -aínda nesta mesma semana- para adaptarse a novos acontecementos e/ou novas instrucións das autoridades educativas.

  • Conforme ás instrucións das autoridades educativas, para a cualificación das materias terase en conta exclusivamente o traballo desenvolvido polo alumnado ata o 13 de marzo, momento de suspensión da actividade presencial.

  • As imposicións inherentes á situación actual fan imposible satisfacer na súa totalidade o contemplado nas programacións didácticas. O profesorado dos departamentos, como máximos especialistas por materia e en ausencia de instruccións adicionais, poderán flexibilizar as previsións que figuran nas programacións para facer a interpretación máis axeitada en cada caso, e que mellor represente a adquisición de competencias demostrada polo alumnado ata o momento de suspensión das clases

  • O IES deixa constancia de que as restriccións da actividade ordinaria postas en vigor polo actual estado de alerta sanitaria condicionan as posibilidades do persoal docente no momento de cualificar por aspectos tales como a dificultade de acceso físico á información almacenada no centro, os problemas de redes na actividade telemática nos fogares ou mesmo as posibles convalecencias por enfermidade, por exemplo. Estes feitos dificultan cualificar con precisión ata un punto que non atoparía paralelismo nun contexto habitual.

  • No que atinxe ao punto anterior é obrigado lembrar que as instruccións impostas polas autoridades sanitarias prevalecen hoxe por hoxe sobre calquera outra consideración. O persoal da comunidade docente concede que ten que sacrificar o seu compromiso co celo educativo ante obxectivos más trascendentes, como o risco de multiplicación de contaxios, coas súas consecuenicas na posible perda de vidas humanas e de extensión no tempo ou nos termos do período de confinamento actual

  • As cualificacións serán, como sempre, consultables a través da aplicación móbil Abalar, canle recomendada, a partir do venres día 3 de abril ás 14:00 horas. Os titores farán o seu maior esforzo por facer chegar a través medios telemáticos, o boletín de cualificacións a todas as familias que non consten como usuarias da app Abalar móbil.

  • As familias deben facer unha interpretación das cualificacións recibidas consecuente con todo o anterior. Asúmese que vai ser moi difícil que resulten unha representación do traballo desenvolvido igual de fidedigna que nun contexto de normalidade. Nese senso, debe subliñarse que as cualificacións da 2ª avaliación teñen un carácter primordialmente informativo, e son de menor relevancia formal que a cualificación ordinaria de xuño ou a extraordinaria de setembro (que son as únicas que computan legalmente). As posibles dúbidas ou observacións das familias serán tratadas caso a caso polos titores tras da reincorpoación ao traballo presencial, e poden ser de momento remitidas ao correo corporativo do centro

  • A forma de proceder aquí descrita é susceptible de evolucionar en calquera momento para adaptarse a novos acontecementos que a todos nos poidan afectar


Continuidade do labor docente
e compromiso de traballo telemático

Insistimos no compromiso do centro coa continuidade do labor educativo por múltiples canles mentres perdure a suspensión de actividade presencial, principalmente mediante a aula virtual do IES. A comunidade docente desexa felicitar ao alumnado polo ímpetu inquebrantable de traballo que abrumadoramente está a mostrar desde o pasado día 13 de marzo, pese ás circunstancias adversas.

Nunha concesión allea ao núcleo da nosa actividade, xustificada polo inusual da situación, en nome de toda a comunidade educativa do IES Plurilingüe Elviña reiteramos os nósos ánimos a todas as familias, a todas as persoas convalecentes e os seus achegados, e aos representantes dos distintos colectivos que intensifican o seu traballo para revertir a situación á normalidade o antes posible.

Distribuir contido


by Dr. Radut