Skip to Content

Debuxo

PREMIOS CONTRA O SEXISMO

PREMIO PARA O ALUMNADO DO IES PLURILINGÜE ELVIÑA

Logo     A Fundación Mulleres fixo públicos os premios do seu concurso de banda deseñada "Nin racista, nin machista! Mocidade feminista!" e, cal non será a sorpresa, que os tres primeiros premios foron outorgados a dúas rapazas e un rapaz do noso centro. Sorte? Non, sorte non, calidade dos traballos e das ideas gañadoras. Parabéns aos gañadores e aos demais participantes, e moi especialmente, á súa profesora de plástica, a nosa compañeira Ángeles Novás, venturosamente xubilada, que animou a participar ao seu alumnado de debuxo de 3º e 4º de ESO. 

1º Premio    1º premio: Sophia (3º ESO)
   "Un mundo coloroso"
   Afonda Sophia na semellanza entre as persoas e
   as ceras de cores: todos podemos ser diferentes,
   pero as diferencias fan o mundo máis fermoso.
2º Premio

    2º premio: Paula (4º ESO)
   "Máis forte ca xenreira"

    A muller ten que loitar contra os estereotipos
    machistas: as veces a aparente forteza exterior
    agocha moita dor e sufrimento.

3º Premio

   3º premio: Alen (3º ESO)
    "Oruga"
    Hai moita xente empeñada en dicirlle aos demais o
    que teñen que ser: pero cada un de nós sabemos
    o que queremos ser...

Concurso de postais día dos namorados

Organizan Educación Plástica e EDLG

Gañadores:

1º premio: Andrés Paredes

2º premio: Sharon Carmona

Postais gañadoras


Lugares inolvidables

Traballo realizado en Educación Plástica polo alumnado de 4º ESO sobre barrio no que vivimos

A idea e elaboración do proxecto, así como a elaboración do vídeo é de Jimena Santa Cruz  (Máster de Educación)

Visita a Santiago organizada polo departamento de Educación Plástica e Visual e Historia da Arte

Visita de 4º de ESO de educación plástica e visual e 2º Bacharelato de historia da arte a Santiago o 10 de abril. 
Foron ver a Cidade da Cultura para que coñecesen, e puidesen despois analizar, unha polémica e peculiar obra de arquitectura contemporánea. Á vez que dentro de tan singular edificio puidesen visitar brevemente dúas exposicións, Inside de arte contemporánea actual, e Os inicios do cómic en Galicia.
Tamén visitaron o Auditorio de Galicia, cuxa sala de exposicións acollía unha magnifica e extensa exposición do fotógrafo e premio nacional de fotografía Chema Madoz.

Observando a maqueta da Cidade da Cultura de SantiagoObservando a maqueta da Cidade da Cultura

 

Paseando pola Cidade da Cultura                  Paseando pola Cidade da Cultura
4º ESO                      Alumnos de 4º de ESO na exposición fotográfica de Chema Madoz no Auditorio de Galicia
Bacharelato                      Alumnos de bacharelato de Historia da Arte na exposición de Chema Madoz

Distribuir contido


by Dr. Radut