PREMIO PARA O ALUMNADO DO IES PLURILINGÜE ELVIÑA
A Fundación Mulleres fixo públicos os premios do seu concurso de banda deseñada "Nin racista, nin machista! Mocidade feminista!" e, cal non será a sorpresa, que os tres primeiros premios foron outorgados a dúas rapazas e un rapaz do noso centro. Sorte? Non, sorte non, calidade dos traballos e das ideas gañadoras. Parabéns aos gañadores e aos demais participantes, e moi especialmente, á súa profesora de plástica, a nosa compañeira Ángeles Novás, venturosamente xubilada, que animou a participar ao seu alumnado de debuxo de 3º e 4º de ESO.