Skip to Content

Normalización

Xiada dixital 2013/14

Revista do IES Elviña 1º trimestre (setembro-decembro)

Ver revista


 

Ollos de Aula nº 11

Revista para as familias do alumnado. Mes de decembro

 

Presentámosvos un novo número (o nº 11,  decembro de 2013) de "Ollos de aula", a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado. Nesta entrega, Valentina Formoso responde á pregunta "Que vai supoñer a LOMCE para o ensino do galego?", analízase a nova lei de educación dende os presupostos dos seus defensores e detractores, achegámonos ao Departamento de Orientación da man de Lines Salgado e non faltan os anuncios móbiles e as habituais propostas de ocio de Gracia Santórum. E, ademais, reflexionamos: "Quen lle fala hoxe galego a Shin Chan?".

 

 

http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=ollosdeaula/ollosdeaula.html

Arte e ciencia: fotografiando o barrio

Concurso fotográfico: día da ciencia en galego

O EDLG, coa colaboración dos departamentos de Educación Plástica, Tecnoloxía, Matemáticas, organiza un concurso fotográfico entre o alumnado de bacharelato do centro. Do resultado do traballo a realizar farase unha exposición no centro durante o mes de novembro.

O xurado formado polas xefas de departamento de Matemáticas e Educación Plástica, o xefe de departamento de Tecnoloxía e o Vicedirector do Centro escolleu as fotografías gañadoras do concurso que aparecen expostas. Tomouse en conta á hora de valoralas, a calidade da fotografía e a súa composición, a relación co mundo da xeometría e as matemáticas e a relación do título con esta.

Este xurado, por outro lado, tamén sinalou o alto nivel da maioría das fotografías presentadas.

Fotografía gañadora

Comunidade de rectángulos

Ana Queiruga Berjano 1º Bacharelato A

2º PREMIO

Intersección

Lisandra Valdez Cabrera 1º Bacharelato B

Perspectivas xeométricas

Fotografías presentadas a concurso

 

 

IV día da ciencia en galego. Videoconferencia

MARTES 12 DE NOVEMBRO

SALÓN DE ACTOS DO IES ELVIÑA DE 12:30 A 13:30

 

JORGE MIRA: Como medir tamaños e distancias da Terra, a Lúa e o Sol

 

Relator: Jorge Mira Perez. Doutor en Física e Catedrático da Área de Electromagnetismo do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. A súa actividade investigadora está centrada no estudo do magnetismo en sólidos e a nanotecnoloxía, e tamén no estudo de sistemas de falantes con idiomas en competición. Publicou numerosos traballos especializados en publicacións de prestixio e desenvolve un importante labor divulgador en libros, nos medios de comunicación ou do programa "ConCiencia" (USC), do que é responsable. 

Páxina web: http://www.usc.es/fagms/Mira/jorge.htm

Sinopse: Poucas etapas da historia amosaron un talento tan brillante como a da Grecia clásica. Contaremos como fixeron eses gregos para sabe-lo tamaño do mundo que habitamos e calcula-la distancia á lúa e o sol e os seus tamaños, usando tan só o bo hábito de observar con coidado o que nos rodea.

Destinatarios: 3º ESO diversificación e 1º e 2º de Bacharelato de Ciencias.

Algunhas referencias sobre Jorge Mira:

Biografía de Jorge Mira
IES Universidade Laboral (Culleredo)

As matemáticas da supervivencia do galego
Actividade de achegamento a Jorge Mira EDLG do IES de Palas de Rei

Presentacións sobre o sistema solar e o resto do universo
Alumnado de CMC de 1º de Bac do IES Taboada Chivite de Verín

Ollos de lingua nº 10 Mes de novembro

Revista para as familias do alumnado

Elaborada pola Coordinadora Galega de Equipos para a Normalización e Dinamización da Lingua Galega 

O número de novembro de Ollos de Aula vén acompañado dunha serie de artigos relacionados coa educación dos nosos fillos. 
A orientadora do CPI de Cuntis (Pontevedra) fálanos de cando se pode descubrir o acoso escolar. Mª Sonia Fernández Casal, profesora de matemáticas do IES Fontexería de Muros (A Coruña) resáltanos a importancia da coeducación como unha das mellores herdanzas que podemos transmitir aos rapaces. Lines Salgado clarifícanos en que consiste e para que sirve esa materia que os alumnos de 1º ESO teñen: o Proxecto Integrado.
Ademais contamos con recomendacións musicais, de lectura e outras actividades de lecer coas que poder disfrutar.


Distribuir contido


by Dr. Radut