Revista para as familias do alumnado. Mes de decembro
Presentámosvos un novo número (o nº 11, decembro de 2013) de "Ollos de aula", a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado. Nesta entrega, Valentina Formoso responde á pregunta "Que vai supoñer a LOMCE para o ensino do galego?", analízase a nova lei de educación dende os presupostos dos seus defensores e detractores, achegámonos ao Departamento de Orientación da man de Lines Salgado e non faltan os anuncios móbiles e as habituais propostas de ocio de Gracia Santórum. E, ademais, reflexionamos: "Quen lle fala hoxe galego a Shin Chan?".