A poeta Dores Tembrás pasou polo noso centro para facernos reflexionar sobre a poesía. Co alumnado de 4º ESO, a temática do obradoiro foi a figura de Penélope desde o punto de vista dos poetas galegos. En 1º ESO definiuse a poesía. Saíron nomes de autores literarios como J. K. Rowling, Tolkien, Stephen King, Dickens, Gallego, Ibáñez, Francisco Castro, Xabier Docampo. Porén, soamente foi mencionada unha poeta, Rosalía. Toda a actividade estivo sufragada polo Programa Ao meu xeito! ofrecido aos centros de ensino da cidade polo Concello da Coruña.
Cavilamos xuntos arredor das diferenzas e semellanzas entre o graffitti e a poesía; a recepción dunha novela con respecto a un poemario. Deixounos algunhas citas:
“A poesía é como unha cápsula, necesita repousar”
Finalizou o obradoiro coas constelacións poéticas realizadas polo alumnado de 1º ESO e cunha última recomendación:
Todo o alumnado participante fixo as súas composicións, estimulados coas reflexións da autora, amosando a súa creatividade de moi diferentes maneiras, as veces cunha notable capacidade crítica coa visión tradicional dos mitos e temas tratados, como a versión gráfica do tema clásico de Penélope que podemos ver a carón destas liñas, obra dunha rapaza de 4º de ESO: seica a moderna Penélope non estea xa tan disposta a soportar tan longa a espera do seu esposo e as queixas dos pretendentes.
A nosa compañeira Patricia Varela compuxo o vídeo da actividade, que podedes ver aquí, vía YouTube.