Skip to Content

Avanzando cara un renovado modelo de convivencia. CONVIVE-T

Avanzar cara un modelo de convivencia inclusivo, amable e eficaz na xestión dos conflitos. Este é obxectivo que nos propuxemos como comunidade escolar para os vindeiros cursos: reflexionar sobre o modelo de convivencia e introducir melloras de cara aos próximos meses e anos.

Como primeiro paso, o profesorado do Instituto está implicado nun grupo de traballo que consiste en reflexionar sobre o noso modelo de convivencia, dotándonos das ferramentas necesarias para implementar os cambios e melloras no modelo.

Pero ademais do grupo de traballo do profesorado está prevista para os próximos meses a implantación do proxecto do alumnado axudantecoa coordinación da noso Equipo de Orientación.

Neste sentido, o pasado luns 15 de xaneiro tiveron lugar uns obradoiros para 1º ESO sobre conflito e convivencia, que se desenvolveron posteriormente co profesorado do Instituto. Nesta primeira toma de contacto tratouse de dotar ó alumnado das ferramentas necesarias para autoxestionar os conflitos da vida cotiá mellorando as súas relacións interpersoais e a súa autoestima, entendendo o conflito como unha oportunidade de aprendizaxe e mellora das relacións.

  

Esta actividade ten a súa continuidade na formación do alumnado axudante para os primeiros cursos da ESO e destinado tamén ao profesorado coordinador e participante no proxecto.

A mellora do modelo de convivencia tamén inclúe a creación dunha escola de nais e país de alumnos/as, entre outras actuacións previstas. Todas estas actuacións formarán parte dun novo Plan de Convivencia que integra a toda a comunidade educativa.

Parte de estas actuacións enmárcase dentro do programa Convive-T do CP Inclúe, programa que ten como obxectivo aproveitar as oportunidades de mellora na convivencia no IES Coruxo.

Traballando o ritmo con material de refugallo…ecopercussión no IES Coruxo

Se ó termo percusión (conxunto de instrumentos de percusión dunha banda) lle engadimos o prefixo eco temos a ecopercussión, é dicir, instrumentos para traballar a percusión con material de refugallo como cubos de plástico ou bidóns.

Nestes obradoiros, que se desenvolveron o pasado xoves 11 de xaneiro con 2º da ESO, o alumnado puido aprender a traballar o ritmo, desenvolver a súa capacidade motriz e traballar de forma coordinada cos seus compañeiros exercitando a disciplina necesaria e, ao mesmo tempo, pasalo ben, liberando estrés.

Isto foi posible grazas a que o Departamento de Música organizou esta actividade coa idea de afondar na aprendizaxe do ritmo e tamén grazas a colaboración e participación do percusionista cubano Didier Díaz 

  

O alumnado puido desfrutar desta experiencia no patio exterior do Instituto, e para mostra os seguintes vídeos:

Esta iniciativa está dentro do CP Innova, EDUexcelencia, onde o Instituto actúa como promotor da excelencia a través do afondamento de diferentes ámbitos de coñecemento.

Descubrindo a ciencia no Hospital Álvaro Cunqueiro

Descubrir a ciencia a través de obradoiros prácticos de “Ciencia brillante” relacionados coa luz e a cor …. o pasado 18 de decembro alumnado de 2º Bacharelato asistiu a unha demostración de ciencia brillante no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, acompañado polo seu profesorado de Física e Química.

   

Nesa demostración o noso alumnado puido experimentar coa luz e a fluorescencia e os seus efectos na vida cotiá, visualizar tecidos e estruturas celulares por microscopia de fluorescencia, coñecer, por exemplo, o poder das verduras na medición do PH ou facer simulacións sobre imaxes médicas.

   

   

Estes obradoiros estiveron dirixidos por persoal investigador e técnico do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur que se ubica no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e na que o alumnado de 2º Bacharelato puido desfrutar de forma gratuíta grazas as xestións do Departamento de Física e Química.

Certame literario "Era unha vez"

Durante este primeiro trimestre, o grupo de Literatura Universal de 1º Bacharelato organizou un exitoso certame literario, no que se recolleron máis de 150 participacións desde os primeiros cursos da ESO ata o Bacharelato.

A idea deste certame, titulado “Era unha vez”, foi premiar a orixinalidade e o caracter suxestivo, solicitando inicios de relatos en galego de non máis de 40 palabras. O grupo de Literatura Universal encargouse de toda a organización: desde a elaboración da idea e as bases e parámetros para escoller os mellores textos ata a escolla dos premios, pasando pola promoción do certame, avaliación dos relatos e discusión en conxunto e organización do acto da entrega de premios.

  

A entrega de premios tivo lugar o pasado 13 de decembro durante o 1º recreo no patio central do Instituto, onde os premiados das categorías do 1º ciclo da ESO (Alba Lence Rus de 2ºESO B), do 2º ciclo da ESO (Sergio Costas Suárez  de 3ºESO PDC) e de Bacharelato (Miguel Vijande Álvarez de 1ºBch A) recibiron un libro e un xogo de mesa.

  

A boa acollida entre o alumnado provocou un traballo de selección e reflexión sobre os textos recibidos, sendo o grupo enteiro responsable do fallo do certame. Esta experiencia permitiu desenvolver un traballo autónomo e cooperativo, permitindo que o propio grupo organizase, coa anticipación suficiente, a actividade. A discusión literaria e organizativa, a planificación a medio prazo, a adquisición de responsabilidades e a reflexión sobre a creación artística e as decisións tomadas foron as liñas que desenvolveron un traballo propio, alegre, responsable e substancial.

Dentro do CP Innova, esta actividade está na liña de EDUexcelencia, onde o Instituto actúa como promotor da excelencia a través do afondamento nun ámbito de coñecemento

Felicitación de Nadal

Dende o IES Coruxo queremos felicitarlle as festas a toda a comunidade educativa con esta postal navideña deseñada pola alumna de 1º de Bacharelato Irene López Castellanos:

 

Ademáis, o alumnado de Expresión corporal de 2º ESO estivo preparando un Flasmob para felicitarnos o Nadal

Pulsar aquí para velo

Sentir a música para unha persoa xorda: mochilas vibratorias. CP Inclúe INCLÚE-T

“Sentir a música a través de mochilas vibratorias, porse na pel dunha persoa xorda e saber cómo poden sentir o ritmo a través das vibracións”….todo isto é o que experimentou o alumnado de 1º, 2º e 3º ESO nas xornadas de sensibilización sobre discapacidade auditiva, levadas a cabo entre o 30 de novembro e o 5 de decembro na aula de Ciencias do IES Coruxo.

Nesta actividade o alumnado puido experimentar cómo perciben a música as persoas xordas e con este fin probaron as mochilas vibratorias, mochilas que rexistran as frecuencias de son e as transforman en vibracións según o tipo de son, permitindo á persona portadora sentir a música a través da vibración.

  

O obxectivo da actividade era que o noso alumnado fose capaz de porse no lugar das persoas que teñen algún tipo de discapacidade (neste caso persoas con discapacidade auditiva) e que aprendan a valorar e afrontar de forma positiva ás dificultades que se presentan na vida.

  

Esta actividade, levada a cabo por unha intérprete en linguaxe de signos e que contou co préstamo gratuíto das mochilas vibratorias por parte do Concello de Nigrán, enmárcase dentro do programa Inclúe-T do CP Inclúe, programa que ten como obxectivo facer un IES Coruxo máis inclusivo.

Conmemoración do acto 25N no IES Coruxo

O pasado venres conmemoramos no IES Coruxo o 25N, Día internacional contra a violencia de xénero, nun acto durante o 1º recreo no que participaron de forma voluntaria alumnado e profesorado.

  

Ademáis, ao longo destes días alumnado de Educación Dixital e Dixitalización deseñaron carteis de sensibilización e alumnado de diferentes cursos aportaron ideas para o deseño de chapas. O deseño gañador serviu de modelo para facer as chapas que logo levaríamos, de forma voluntaria, o alumnado e profesorado do Instituto.

  

Tamén leváronse a cabo diferentes actividades de sensibilización como a creación do punto lila, obradoiros nas titorías, charlas de prevención da violencia de xénero... ademáis das actividades que se están a desenvolver no marco do Proxecta + “Por 365 días de respecto e igualdade”

O IES Coruxo contra a violencia de xénero e todo tipo de violencias!

Celebración dun Magosto colaborativo (ANPA, familias, alumnado e Centro) no IES Coruxo

O pasado venres ao final da mañá tivo lugar a celebración do Magosto no IES Coruxo. Castañas (achegadas polas familias), choripanes, deportes e música foron os protagonistas da entrañable festa da que disfrutamos todo o alumnado e profesorado.

Pero isto sería imposible sen a colaboración da nova ANPA, que organizou, traballou e aportou o necesario para que dita actividade fose posible....ademáis das achegas das castañas das familias...

...e por suposto o noso equipazo de DJs, que axudou e se perdeu a festa por colaborar

Estade atentos, porque haberá novidades de cara o Nadal en colaboración coa nova ANPA. Agora toca centrarse nos exames da 1ª avaliación e otras cousas…

Lembramos a información para darse de alta na ANPA:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iescoruxo/node/737

 

Fai click na seguinte imaxe e poderás visualizar todas as fotografías da actividade:

Álbum: Curso 2023-2024 -> Magosto 2023

Revisión e entrega das obras realizadas no centro

No día de hoxe, tivemos a honra de recibir as seguintes autoridades no noso centro:

Delegada Territorial da Xunta en Vigo: Ana Ortiz Álvarez

Xefe Territorial de Educación: César Pérez Ares

Inspectora de Educación: Estela Iglesias Cortés

Arquitecta Xefa: Rosa Soñora Luna

Así como tamén diferentes medios de comunicación, prensa e a RTVG. O motivo da súa visita foi revisar as instalacións do IES Coruxo, no que se levaron a cabo nos últimos meses diversas melloras cunha inversión duns 380.000 euros, tendo como principal obxectivo a remodelación da cuberta central do edificio e a reparación dalgúns danos causados polos temporais do curso pasado. Desde aquí queremos darlle as grazas a todos eles pola súa visita.

Máis info:

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/85077/xunta-invierte-cerca-380-000-euros-cubierta-reforma-las-instalaciones-del-ies

https://vigohoy.es/la-xunta-invierte-cerca-de-380-000-euros-en-la-cubierta-y-reforma-de-las-instalaciones-del-ies-coruxo/

Tarde terrorífica de Samaín no IES Coruxo (Club de lectura)

Un grupo de alumnos e alumnas de 1º ESO e 2º ESO do Club de lectura, “asustados” polo alumnado voluntario de 1º Bacharelato e nais pasaron unha tarde de venres terrorífica na Biblioteca do IES Coruxo.

Nada mais comezar a tarde escoitamos unha serie de contos de terror contados polo mestre de cerimonias, D. Carlos e por alumnado monitor e por nais e pais voluntarios pero tamén polos rapaces e rapazas da ESO que animáronse a contar contos de medo....

A continuación visionamos unha curtametraxe de terror cunha terrorífica merenda mentres agradábamos o anoitecer para levar a cabo a gymkana terrorífica por todo o Instituto, no que alumnado tiña que buscar frases de obras de terror da literatura universal pero eso sí, con coidado de non atoparse as nosas fantásticas monitoras e monitores disfrazados para a ocasión en calquera dos corredoress do Instituto...

Tarde de medo no IES Coruxo...grazas a tod@s!!

 

Documental sobre Domingo Villar

A continuación podedes visualizar un documental sobre a figura de Domingo Villar, feito polo alumnado que participou no Clube de Lectura durante o curso escolar 2022/23 e dirixido polo profesor Roi Rodríguez Cagiao.

Horario autobuses luns tarde

A continuación detallamos os horarios dos autobuses dos luns pola tarde desde as cabeceiras, coas paradas intermedias que realiza. Pedimos que estén cunha antelación suficinte, antes de facer cada alumno/a os seus propios axustes horarios.

Os horarios da cabeceira dos autobuses de ida serían os seguintes:

  • LIÑA 1. Travesía de Vigo, 97 - Gran Vía (15:50) - Castrelos - Florida  - Rúa Teixugueiras/o Limpiño - IES Coruxo
  • LIÑA 2. García Barbón, 139 (15:25) - Praza da Industria  (16:00) - Avda Atlántida - Teixugueiras 29/38 - IES Coruxo
  • LIÑA 3. Camelias, 40 (16:00) - Castelao - Teixugueiras, 22 - San Paio - IES Coruxo
  • LIÑA 4. Estomada (16:00) - Gondufe - Orxás - Prado - Saiáns - Oia Cruce Mide - Gasolineira - Canido Estación -- IES Coruxo.
  • LIÑA 5. Matamá Alvite (16:00) - San Andrés - IES Coruxo
  • LIÑA 6. Chandebrito (16:10) - Fragoselo - IES Coruxo
  • LIÑA 7. Oia-Cruceiro (16:00) – Hermida (Roteas) - Cruceiro San Miguel - Canido (praia) - IES Coruxo

 

Transporte escolar 23-24

Bo día:

Xa esá disponible no Instituto a listaxe de usuarios por paradas. Nesta listaxe indícase o alumno/a por parada asignada. Poden consultar dita lista no taboleiro do instituto ou a través das formas de contacto habitual (886 111 016).

Nas liñas 1, 2 e 3 (as que pasan por Teixugueiras) van os autobuses totalmente cheos, polo que NON HAI nestes intres prazas dispoñibles para Bacharelato. Na liña 7 tampouco puidemos ubicar ao alumnado de bacharelato Nas restantes liñas (4, 5 e 6) SÍ ubicouse a alumnado de Bacharelato de forma provisional.

A continuación detallamos os horarios dos autobuses desde as cabeceiras, coas paradas intermedias que realiza. Pedimos que estén cunha antelación suficinte durante os primeiros días, antes de facer cada alumno/a os seus propios axustes horarios.

Os horarios da cabeceira dos autobuses de ida serían os seguintes:

  • LIÑA 1. Travesía de Vigo, 97 (7:20) - Gran Vía - Castrelos - Florida  - Rúa Teixugueiras/o Limpiño - IES Coruxo
  • LIÑA 2. García Barbón, 139 - Praza da Industria (7:35) - Avda Atlántida - Teixugueiras 29/38 - IES Coruxo
  • LIÑA 3. Camelias, 40 (7:35) - Castelao - Teixugueiras, 22 - San Paio - IES Coruxo
  • LIÑA 4. Estomada (7:40) - Gondufe - Orxás - Prado - Saiáns - Oia Cruce Mide - Gasolineira - Canido Estación -- IES Coruxo.
  • LIÑA 5. Matamá Alvite (7:35) - San Andrés - IES Coruxo
  • LIÑA 6. Chandebrito (7:40) - Fragoselo - IES Coruxo
  • LIÑA 7. Oia-Cruceiro (7:40) – Hermida (Roteas) - Cruceiro San Miguel - Canido (praia) - IES Coruxo

Para a volta os autobuses saen do Instituto entre as 14:15 e as 14:30, aproximadamente, unha vez rematen as clases as 14:10.

Libros de texto para o curso 2023/2024

Lista de libros de texto por curso e materias:

1º ESO                     2º ESO

3º ESO                     4º ESO

1º BAC                     2º BAC

Nota: Tras advertencia dunha nai e profesora, o ISBN correcto do caderno de inglés de 4º ESO é o 9789925608812.

Distribuir contido


by Dr. Radut