Skip to Content

Axudas material escolar: curso 2015/2016

Para máis información facer clic enriba da imaxe ou neste enlace http://www.edu.xunta.es/web/node/15357

Reunión pais e nais do alumnado

A asociación de pais e nais do IES Coruxo convoca aos pais e nais do alumnado a unha reunión que terá lugar o luns 8 de xuño, ás 18'30 horas, no salón de actos do instituto coa seguinte orde do día:

1-Lectura e aprobación da acta anterior

2-Estado de contas

3-Información sobre a LOMCE e sobre a normativa de libros de texto para o curso 2015-2016

4-Rogos e preguntas

Debido á importancia dos temas  a tratar  (libros de texto, cheque solidario, implantación da LOMCE no centro, situación da AMPA) solicitamos a asistencia de todos e todas

Axudas libros de texto curso 2015-2016

Acheganse as ordes publicadas pola Consellería de Educación referentes aos libros de texto do curso 2015-2016

ORDE do 22 de maio de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisiciónde libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2015/16

ORDE do 21 de maio de 2015 pola que se regula o fondo solidario de libros detexto destinado ao alumnado matriculado en 3º e 5º de educación primaria e en2º e 4º de educación secundaria obrigatoria, en centros docentes sostidos con fondos públicos no curso escolar 2015/16

A escola municipal de Vigo de música folk e tradicional visita o noso centro

Hoxe, 14 de abril, os membros da Escola Muncipal de Música Folk e Tradiconal de Vigo visitaron o noso centro, deleitándonos coa súa música. A participación do alumnado foi intensa, creándoase un gran ambiente músico didáctico. Esperamos a súa volta

 

O alumnado de 3º de ESO visita o Parlamento de Galicia

Alumnado de 3º de ESO, acompañados da profesora Mina Blanco e o profesor Guillermo Hernández, visitaron o Parlamento de Galicia.

Entroido 2015

O Samaín

Achegamos fotos do Samaín celebrado no instituto. As fotos corresponden ao concurso de cabazas e ao concurso de doces e tartas.

Horarios 2014-2015

Horarios dos grupos para o curso 2014-2015

Listado Titorías 2014-2015

Listado de titores e horas de visita. Débese concertar previamente a visita a través do alumnado.

INICIO CURSO 2014-2015

A presentación do alumnado terá lugar o día 15 de setembro ás 11'15. A esta hora todo o alumnado deberá estar presente no instituto.

Haberá transporte escolar, sairá das cabeceiras das liñas sobre media hora antes da presentación (10'35-10'45 aproximadamente)

As 12 sairán os autobuses de volta para casa.

Entrega de notas curso 2013-2014

A entrega de notas será o día 25 de xuño ás 10'00. Non haberá transporte escolar.

Boas vacacións a todos e todas.

A algúns verémolos en setembro (publicaremos as datas e horas de exame nesta web), e a todos verémolos o 15 de setembro, día que comezan as clases do curso 2014-2015. Ata entón, un saúdo

Clase práctica de pintura a pastel

O mércores día 11 o noso alumnado de 4º ESO plástica tivo unha clase práctica ao aite libre de pintura ao pastel. Todo un éxito

Concurso construción instrumentos musicais

 

 

 

 

 

 

Elena Gallego no Club de Lectura do IES Coruxo

Encontros #Dragal @Xerais no IES de Coruxo con Elena Gallego

Distribuir contido


by Dr. Radut