Skip to Content

Reunión pais e nais do alumnado

A asociación de pais e nais do IES Coruxo convoca aos pais e nais do alumnado a unha reunión que terá lugar o luns 8 de xuño, ás 18'30 horas, no salón de actos do instituto coa seguinte orde do día:

1-Lectura e aprobación da acta anterior

2-Estado de contas

3-Información sobre a LOMCE e sobre a normativa de libros de texto para o curso 2015-2016

4-Rogos e preguntas

Debido á importancia dos temas  a tratar  (libros de texto, cheque solidario, implantación da LOMCE no centro, situación da AMPA) solicitamos a asistencia de todos e todas



page | by Dr. Radut