Actividades

Charla co Concello de Redondela - Violencia de Xénero (Novembro 2020)

 

 

Hoxe, o alumnado de 4º ESO do Concello de Redondela estivo invitado a participar nunha xuntanza organizada polo Concello, concretamente polo Servizo de Igualdade e o CIM (Centro de Información á Muller). Tivemos a oportunidade de compartir unhas palabras con Digna Rivas, a alcaldesa de Redondela, e a pesares dos problemiñas técnicos, puidemos falar e comentar dúas curtas, nas que a dirección é exercida por mulleres e que representaban dúas experiencias de violencia de xénero. Foi un encontro que abriu un espazo na que dúas alumnas e un alumno compartiron experiencias propias. Moitas grazas pola iniciativa!

Día da Ciencia en Galego

Equipo de Igualdade do IES de Chapela - Novembro 2020

Co pulo da xente nova, o Equipo de Igualdade do IES de Chapela iniciou a súa andaina este luns 16 de novembro de 2020 nun encontro virtual que creou un espazo de liberdade e progreso onde escoitar, aprender e compartir. Comezamos coa vista próxima no 20-N, Día Internacional da Memoria Trans, e o 25-N, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, mais sen esquecer o obxectivo deste grupo: a loita pola igualdade e o respecto á diversidade no noso centro e na sociedade. Moitos parabéns a todas e a todos.

Maratón das Letras

Magosto no IES de Chapela

   

Chega o outono, tempo de Samaín, de MAGOSTO, de rituais.

Tempos de honrar aos que non están e de xuntarse ao carón do lume a contar historias cos que están. Tempos de agradecer as colleitas sementadas...

No IES de Chapela tempo de buscar a unión e a convivencia, e de poñer algo de ilusión nestes tempos.

Atréveste? ACTIVIDADES

CONCURSO DE SERES MITOLÓXICOS. GRAVA UN VÍDEO.

Envía un vídeo tipo tik-tok a ies.chapela@edu.xunta.gal, representando a un ser mitolóxico galego, antes do xoves 5 de novembro.

Queres pistas? O sacaúntos / A santa compaña / O lobishome / A meiga / Maruxaina.

PREMIO: sorteamos o noso ser mitolóxico entre as persoas participantes. Quen é?

 

Distribuir contido