Ed. Igualdade |
Ciudad Juárez, entre balazos e decapitacións, conta con máis de 100000 persoas asasinadas na última década. Ningún candidato ou candidata á presidencia do país presenta nos seus programas solucións para este problema. A sociedade en xeral e as mulleres en particular son vítimas dunha violencia cruel por parte de narcos, militares, federais... Documental: Ciudad Juárez: mulleres asasinadas.
|
|||||||
O alumnado de 3º ESO B preparou un manifesto para lembrar que a violencia contra as mulleres debe ser eliminada definitivamente. O manifesto preparouse na clase de estudo asistido e foi lido no Multiusos de Chapela o venres 22 de novembro ás 20:30 coa presenza da Concelleira de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, de Redondela.
Fotos do acto
|
|||||
|
||||||||||
|
|||
O pasado 20 de decembro, o Xurado do "III Concurso de Buenas Prácticas Educativas"convocado pola Asociación Mejora tu Escuela Pública, en colaboración coa Fundación La Caixa, otorgou premios a oito centros públicos do Estado polas súas boas prácticas educativas. O IES de Chapela acadou o segundo premio na modalidade B, polo proxecto "Necesitamos entender a educación desde a diversidade para lograr a igualdade". O traballo foi realizado polas nosas compañeiras Esther (orientadora) e Lucía (PT). Parabéns. Nova no Faro de Vigo. Sábado 12 de xaneiro de 2013.
|
|||
GAÑADORAS 1º premio PATRICIA SOTO VALLADARES 2º premio MARÍA ABAL MARTÍNEZ 3º premio ARANTXA IGLESIAS OTERO
|
|||
Las Mariposas. 25 de Novembro. Vídeos gravados na aula.
|
|||||
A comunidade educativa non pode pasar por alto o problema da violencia de xénero e o maltrato, sexa este físico ou psicolóxico.
|
|||||
O Martes 13 de marzo o alumnado de 3º ESO e PCPI participou nunha actividade do grupo Quérote
|
|||
O 8 de marzo de 2012 tivemos a sorte do contar novamente entre nós con José Antonio Torres, membro de Bombeiros sen Fronteiras [BsF], esta vez para falarnos da situación da muller aquí e nas distintas partes do mundo. Coñecedor de moitas realidades sociais pola súa colaboración en tarefas humanitarias en diferentes países e defensor dos Dereitos Humanos [DDHH], axudounos a desvelar as ENTRETELAS DA DESIGUALDADE, desmontar prexuízos con respecto a outras culturas, recoñecer os nosos comportamentos machistas e dar un paso máis cara á concienciación da necesidade de valorar e respectar ás mulleres. Unha vez iniciada a súa intervención, e cando xa nos tiña a todas e a todos interesados coas súas historias ao longo do mundo, sacou unha prenda traída de Afganistán. A través dela entendemos un pouco máis as entretelas da desigualdade. O interese dista charla centrouse en que todas e todas déramos un paso máis cara a unha sociedade máis igualitaria, porque o machismo é unha actitude e unha conduta, individual ou colectiva, que pode ser modificada pouco a pouco a través da educación. Entretelas. Conxunto de circunstancias ou sentimentos máis ocultos e íntimos.
|
|||