IES DE CATABOIS
Tfs: Administración: 881 930 233 - Conserxería: 881 930 238
Orientación: 881 930 237 - PFB: 881 930 236 - Fax: 881 930 241
E-mail: ies.catabois@edu.xunta.gal
50º ANIVERSARIO do IES de Catabois
PONTE DE NOVEMBRO
Enviado por joseyapa o Xov, 24/10/2024 - 13:34Recordamos que a vindeira semana non haberá clase:
o xoves 31 de outubro, o venres 1 e o luns 4 de novembro
ARRANCA O PROXECTO ERASMUS KA-122-SCH: QUERCUS
Enviado por joseyapa o Ven, 11/10/2024 - 12:39Dentro do proxecto QUERCUS que o IES de Catabois levará a cabo entre os cursos 2024 e 2026, hoxe arranca o noso primeiro grupo de alumnos e alumnas con destino á Bretaña francesa para pasar unha semana nas casas de estudiantes bretóns e descubrir as semellanzas entre a nosa rexión e a rexión bretona.
Durante estes dous cursos traballaremos en colaboración con dous centros de Francia, outro de Italia e outro de Grecia investigando e aprendendo a mellorar
- o noso entorno e patrimonio natural
- a inclusión
- a competencia dixital
- e a competencia en idiomas
XUNTA ELECTORAL CONSELLO ESCOLAR NAIS / PAIS / RESPONSABLES LEGAIS
Enviado por joseyapa o Ven, 11/10/2024 - 12:20ANUNCIO DO SORTEO PÚBLICO PARA A ELECCIÓN DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL QUE DEBERÁ CONSTITUÍRSE PARAA RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR NO CURSO ACTUAL
SECTOR DE PAIS / NAIS / RESPONSABLES LEGAIS
Segundo o disposto na RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, conxunta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para celebrar as eleccións de constitución do consello escolar en centros escolares de nova creación e outros sostidos con fondos públicos, procede comunicar que se celebrará sorteo público para a elección dos membros da Xunta Electoral correspondentes ao SECTOR DE PAIS/NAIS/RESPONSABLES LEGAIS deste Centro na data, hora e lugar sinalados a continuación:
DATA: 18 DE OUTUBRO
HORA: 12.20 h
LUGAR: SALA DE AUDIOVISUAIS
Ferrol, 11 de outubro de 2024
CHAMAMENTOS PREINSCRICIÓN PFB
Enviado por joseyapa o Ven, 27/09/2024 - 12:17AS CHAMADAS PARA AS ENTREVISTAS DE SELECCIÓN PARA O ACCESO AOS PLANS FORMATIVOS BÁSICOS
COMEZARÁN O XOVES 3 DE OUTUBRO
AMPLIACIÓN PREINSCRICIÓN PFB
Enviado por joseyapa o Xov, 26/09/2024 - 12:54AMPLÍASE O PRAZO DE PREINSCRICIÓN
PARA O PROCESO DE SELECCIÓN DOS PROGRAMAS FORMATIVOS BÁSICOS
ATA O MÉRCORES 2 DE OUTUBRO
DEBERASE ENTREGAR CUBERTO O FORMULARIO QUE SE ACHEGA A CONTINUACIÓN
PREINSCRICIÓN PARA OS PROGRAMAS FORMATIVOS BÁSICOS DO CURSO 2024/25
Enviado por joseyapa o Xov, 19/09/2024 - 13:58ÁBRESE O PROCESO DE PREINSCRICIÓN PARA OS PROGRAMAS FORMATIVOS BÁSICOS DE COMERCIO E ALMACÉN
CURSO 2024/25
PRAZO: DO XOVES 19/9/24 AO XOVES 26/9/24
DEBERASE CUBRIR O FORMULARIO QUE SE ACHEGA A CONTINUACIÓN
E ENTREGALO NO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DO IES DE CATABOIS
INICIO CURSO ESCOLAR 2024/25
Enviado por joseyapa o Lun, 02/09/2024 - 10:19Segundo a ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25, as clases comezan o mércores 11 de setembro de 2024 en horario lectivo normal: de 8.40 a 14:25
Axudas para o vale de material escolar para o curso 2024/25
Enviado por joseyapa o Mér, 10/07/2024 - 12:21Publicación de listaxes provisionais
11 de xullo 2024
Reclamacións (2 día hábiles)
12 e 15 de xullo 2024
Listaxes definitivas
17 de xullo 2024
Entrega de vales
Do 18 de xullo ao 23 de xullo e a partir do 2 de setembro 2024
RELACIÓN LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024-25
Enviado por joseyapa o Mér, 26/06/2024 - 16:44- Relación libros de texto ESO
- Relación Material escolar alumnado ESO
ENTREGA E RECOLLIDA DE NOTAS
Enviado por joseyapa o Ven, 21/06/2024 - 12:14As notas en ABALAR saen o
luns 24 de xuño a partir das 20:00 horas
Os boletíns de calificacións entregaranse o
martes 25 a partir das 10:00 horas
polos titores correspondentes.
Periodo de reclamación as cualificacións:
mércores 26 e xoves 27
en administración
PRAZO DE MATRICULA
Enviado por joseyapa o Ven, 21/06/2024 - 11:15PRAZO MATRICULACIÓN
CURSO 2024-2025
27/06 1º ESO
28/06 2º ESO
01/07 3º ESO
02/07 4º ESO
03/07 BACHARELATO
Documentación PARA XUNTAR AO IMPRESO DE MATRÍCULA:
- 2 fotos carné.
- Fotocopia DNI.
- Fotocopia tarxeta sanitaria.
- Correo electrónico en vigor para comunicacións oficiais.
- Xustificante de ingreso do SEGURO ESCOLAR de 1,12€ (Só para alumnado de 3º e 4º ESO e de 1º e 2ª BACH)
en Abanca IBAN: ES56-2080-0212-0430-4000-5030
- Certificación académica ESO (Só para alumnado que inicia os estudos de 1º BAC)
Impresos para a matrícula:
NOTAS ABAU CONVOCATORIA ORDINARIA
Enviado por joseyapa o Xov, 13/06/2024 - 19:00O IES de Catabois consegue un 100% de aprobados na convocatoria ordinaria da ABAU
AXUDA MATERIAL ESCOLAR
Enviado por joseyapa o Mar, 21/05/2024 - 10:00PRAZO
Dende o día 21/05/2024 ata o 21/06/2024 (inclusive)
Documentación a presentar xunto coa solicitude cumprimentada e selada (modelo ED330B):
- Anexo II
- Copia do libro de familia ou documento equivalente
- Sentenza de separación ou divorcio ou convenio regulador, se é o caso. Excepcionalmente certificado de convivencia ou informe dos servizos sociais do concello de residencia da familia (se non posúen o anterior).
- Certificado de discapacidade do alumno/a ou de calquera membro da familia, de ser o caso
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero, de ser o caso.
- Outra documentación que se precise.
PUBLICACIÓN PROCESO DE ADMISIÓN
Enviado por joseyapa o Mar, 02/04/2024 - 12:00Todo o alumnado que solicitou praza neste IES no proceso de admisión, en prazo, foi admitido.
Poden consultar as listaxes no taboleiro do centro.
Resolución definitiva das bolsas de ESTUDO DO MEC. CONVOCATORIA XERAL CURSO 23/24.
Enviado por joseyapa o Lun, 25/03/2024 - 11:50Resolución definitiva das bolsas de ESTUDO DO MEC. CONVOCATORIA XERAL CURSO 23/24.
Pódese interpoñer recurso de reposición ata o día 22 de abril de 2024.
O documento do recurso, así como a documentación terá que presentarse do seguintes xeitos:
Xeito presencial:
-
REXISTROS DA ADMINISTRACIÓN DO ESTADO
-
REXISTROS DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
-
REXISTROS DO CONCELLO E DA DEPUTACIÓN
-
CORREO POSTAL (ORDINARIO E CERTIFICADO)
Xeito telemático:
-
No seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/portada (ten que estar autorizado: CHAVE 365)
CONSELLERIA DE CULTURA, EDUCACION, FP E UNIVERSIDADE
XEFATURA TERRITORIAL DE CULTURA, EDUCACION, FP E UNIVERSIDADE
SERVIZO DE APOIO AOS SERVIZOS EDUCATIVOS. SECCION DE BOLSAS DE ESTUDO
Bolsas de Estudos
Rúa Vicente Ferrer, 2
15071 A CORUÑA
NON E VALIDA A PRESENTACION A TRAVÉS DE CORREO ELECTRÓNICO.
RESOLUCION DEFINITIVA CONVOCATORIA XERAL DE BOLSAS DE ESTUDO 23/24
Becas estudos post-obrigatorios 24-25
Enviado por joseyapa o Lun, 18/03/2024 - 20:25O 19 de marzo publicouse a convocatoria de becas do MEC para estudios post-obrigatorios.
O prazo de presentacións de solicitudes é dende o 19 de marzo ata o 10 de maio de 2024.
No enlace está a información e acceso para facer a solicitude en liña.
INSTRUCCIÓNS PARA SOLICITAR BECA: INFORMACION BOLSAS DE ESTUDO MEC 24/25 CONVOCATORIA XERAL
Para calquera información no seguinte enlace:
https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html
INFORMACIÓN. PROBA DE AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2023/24
Enviado por joseyapa o Ven, 15/03/2024 - 16:55QUE É? É unha proba para avaliar as competencias en matemáticas e comunicación lingüística (lingua galega, lingua castelá e lingua inglesa)
A QUEN VAI DIRIXIDO? A todos os centros educativos que impartan o cuarto curso de educación primaria e segundo curso de educación secundaria obrigatoria.
CAL É O PROCEDEMENTO: Os centros recibirán da Administración uns cadernos en formato papel para o alumnado. Tamén haberá uns cuestionarios de contexto dirixidos ás persoas titoras, á dirección do centro, o alumnado e familias.
IMPORTANTE!!
- O alumnado exento de lingua galega estará exento de realizar a proba de competencia en lingua galega.
- Haberá adaptación de tempo, formato, axuda técnica para o alumnado que o precise.
QUEN CORRIXE? O profesorado do centro que non imparte docencia neses cursos e sexa especialista nesas materias. Haberá posteriormente unha segunda corrección por parte da Administración.
CANDO VAI SER? O mércores 10 e xoves 11 de abril de 2024 será a realización da proba. O 22 de abril acaba a corrección e a gravación de datos.
QUEN COORDINA AS PROBAS? Haberá unha comisión de coordinación do centro e outra comisión de coordinación territorial (Administración).
CAL É O FIN? Ao finalizar as correccións cada centro terá unha puntuación global expresada en niveis (NON hai puntuación individual). Esta información será para o centro e Administración e non se fan públicas. Elaborarase un informe a análise da situación co obxectivo de valorar medidas orientadas a mellorar os resultados académicos, a calidade e equidade do ensino.
NORMATIVA:
· - ORDE do 29 de decembro de 2023 pola que se regula o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico na Comunidade Autónoma de Galicia.
· -RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico de educación primaria e educación secundaria obrigatoria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2023/24.
PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO
Enviado por joseyapa o Dom, 25/02/2024 - 13:13
Proceso de Admisión de alumnado
Prazo para solicitar:
Do 01/03/2024 ao 20/03/2024 (ambos os dous incluídos)
1. A solicitude (ED550B) debidamente cumprimentada e asinada e a documentación complementaria pode presentarse dunha das seguintes maneiras:
· Poderán presentarse as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común
ou
· Vía electrónica mediante o formulario normalizado disponible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Para esta opción poderá empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365
2. As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude ED550B, a seguinte documentación complementaria
· Copia do libro de familia
· Copia dos DNIs
· Certificado de matrícula
· Certificado de empadroamento colectivo
· No caso de separación, copia da sentenza
· Ademais, para solicitudes de BACHARELATO: Certificación académica da nota media do último curso finalizado
3. Publicación das listaxes provisionais: 25/04/202
4. Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles (dende o seguinte á publicación das listaxes provisionais)
5. Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: 15/05/2024
Normativa relacionada:
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
INFORMACIÓN ADMISIÓN
Enviado por joseyapa o Mér, 21/02/2024 - 19:55TODO O ALUMNADO SOLICITANTE NO PRAZO DE RESERVA FOI ADMITIDO
O 22 de febreiro publicarase no taboleiro do edificio de administración do centro o alumnado admitido en reserva
APERTURA PRAZO DE RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2024/25 PARA CENTROS ADSCRITOS
Enviado por joseyapa o Lun, 15/01/2024 - 20:07CURSO 2024-25
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
Luns 29 de xaneiro
18:00 horas
INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA dos nosos centros adscritos: CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira, CEIP de PAZOS, CEIP Almirante Juan de Lángara y Huarte e CPI de Atios.
PRAZO: 15 DE XANEIRO ATA O 5 DE FEBREIRO
As solicitudes tramitaranse a través da aplicación
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
As dúbidas das familia serán resoltas polos centros educativos.
As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual empregando o formulario en papel ou a través da aplicación no menú:
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Solicitudes > Reserva > Crear
Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalleprocedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación. O comportamento da aplicación depende de se se cubre a solicitude estando identificado ou non.
1. Usuarios sen identificar
Unha vez introducidos todos os datos, deberá premer no botón Crear aparecendo a seguinte mensaxe para poder descargar a solicitude e o anexo I Bis que deberá presentar no centro. Tamén poderá imprimir o xustificante co código da solicitude.
2. Usuarios identificados
Unha vez gravada a solicitude na aplicación, aparecerán as opcións para presentar e asinar a solicitude na sede electrónica ou para descargar o informe (solicitude), imprimilo e presentalo no centro educativo.
Formulario RESERVA GALEGO
Formulario RESERVA CASTELÁ
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »