Skip to Content

Benvida

Benvid@s

ao

IES CASTRO ALOBRE

 

 

R/ San Roque 25 -   Código postal: 36600 - Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

 Tf: 886151818 (ESO) / 886151819 (BACHARELATO) - Fax: 886151832 - email: ies.castroalobre.vilagarcia@edu.xunta.es

 

 

BlogBiblioteca Club deLectura InstagramENDL Igualdade eDiversidade

Correspondentes/

Voluntariado Lingüístico

Convivencia

PROXECTOS DO ALUMNADO DE 2º ESO de Xeografía e Historia 2023/2024

 

 BARROCO
 

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 

PREHISTORIA...NO ALOBRE

As primeiras semanas de curso, en Xeografía e Historia aproximámonos á Prehistoria. Cos coñecementos adquiridos e o traballo realizado, o alumnado de 1º ESO foi quen de converter os corredores do instituto nunha sala expositiva ondo difundir o patrimonio arqueolóxico do entorno próximo.

Concretamente, por medio de técnicas de traballo arqueolóxicas, crearon e expuxeron imaxes de petróglifos do Parque de Arte Rupestre de Campo Lameiro que visitaron no mes de outubro.

Porque o Castro Alobre ten Historia...pero tamén Prehistoria.

Departamento de Xeografía e Historia

 

       

 
 
 
 
 
 
 

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 

 
 
 
 
 
 
 
 

Consello escolar

O pasado 29 de outubro tivo lugar a 1ª reunión dos membros que compoñen da Xunta Electoral e que supervisarán o proceso electoral ao CE para este 2024. Esta está formada pola Directora do Centro, un profesor, unha alumna do centro e un pai en represantación das familias elixido por sorteo público o pasado 22 de outubro na Biblioteca. Polo tanto, a Xunta electoral publica o seguinte:


-Calendario de actuacións para as eleccións ao Consello

-Convocatorias sector familias

-Convocatoria sector alumnado

 

Premendo no calendario/convocatoria tedes tódala información ao respecto.

XXVII Xornadas do Ensino. Intelixencia Artificial no Ensino. Cara a unha aprendizaxe intelixente

Os alumnos de 2º de Bacharelato, Hugo Costa e Miguel A. Rodríguez, foron convidados a participar coa súa profesora Marisa Moreda nas XXVII Xornadas do Ensino. Intelixencia Artificial no Ensino. Cara a unha aprendizaxe intelixente,  celebradas en Lugo nos días 18 e 19 de outubro.

Un orgullo que o centro estea representado por alumnos como Hugo e Miguel.

   

CONCURSO LITERARIO 25 N: "QUE A VERGOÑA CAMBIE DE BANDO"

My Stories - Wattpad

"Por que non usar a túa pluma e o teu talento creativo para mudar as cousas? Contribúe á causa do 25N escribindo un pequeno texto narrativo ou poético (segundo etapa educativa) dacordo coas indicacións que figuran abaixo! ;)!"

Consello Escolar: data, hora e lugar do sorteo público

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesasangrina/?q=system/files/u136/FCE3D838-26FC-4F0C-A92D-9E153DEBAC5D.jpeg

Renovación Consello Escolar

VOLVEN OS FALADOIROS!!

O vindeiro martes, 15 de outubro, durante o primeiro recreo, achégate ata o salón de actos para participar no primeiro faladoiro deste curso 24-25.

E cal é a temática? Pois conversar e comezar a crear o "Milladoiro das palabras do IES Catro Alobre". Para iso debes de traer un canto rodado (tamaño aproximado da palma dunha man) e pensar cal é a túa palabra favorita da lingua galega.

Vai pensado...e se estás falto de ideas, non te preocupes, seguro que alí aparecerá algunha musa...ou petiscos para axudarche.

Podes seguirnos no instagram do ENDL.

ALMANAQUE_IES_CASTRO_ALOBRE_2025

Como cada curso, nestas datas, abrimos o prazo de presentación de propostas para o almanaque do ano 2025.

A temática deste curso son os seres mitolóxicos da cultura galega. Elixe o que máis che guste e participa!

Deixamos o cartel informativo e un modelo para entregar as vosas creacións. Podes descargalos nos enlaces de abaixo.

Se tes dúbidas, dende o ENDL iremos dando pílulas de información sobre os mesmos. Podes seguirnos no instagram do ENDL.

Pescuda, elixe e dálle vida a un mito!!! 

 

Distribuir contido

Contador de visitas



by Dr. Radut