Skip to Content

Aviso ANPA

Estimadas familias a última semana de xuño e primeira de xullo coincidindo cas datas de presentación de matriculas no Instituto , estaremos abertos na sede da ANPA IES CASTRO ALOBRE nas seguintes datas e horarios :

  • Martes 25 de xuño de 10:30h a 12:30h e de 19:00h a 20:30h
  • xoves 27 de xuño de 10:30h a 12:30h e de 19:00h a 20:30h.
  • venres 28 xuño 10:30h a 12:30h e de 19:00h a 20:30h.
  • martes 2 xullo de 10:30h a 12:30h e de 19:00h a 20:30h.
  • mercores 3 xullo de 10:30h a 12:30h e de 19:00h a 20:30h.
  • venres 5 de xullo en horario de 10:30h a 12:30h e de 19:00h a 20:30h.


Nestas datas será obrigada devolución dos libros cedidos en préstamo polo Banco de libros e asimesmo abrimos o plazo para as inscripcións e renovacións das cotas de socio do ANPA para o vindeiro curso 24-25.


O prezo das cotas de renovación segue sendo o mesmo que o ano pasado 18€, e o prezo de acceso por primeira vez ao banco de libros será de 20€ máis os 18€ anteriores.

As datas de acceso as inscripcións son as que aparecen na folla que se axunta, que se debe presentar asinada e cuberta xunto co resgardo bancario do ingreso da cota correspondente.

Premede aquí se queredes coñecer toda a información sobre o Regulamento do uso do Banco de libros.


Saúdos , moitas grazas.
Anpa IES Castro Alobre

Manifesto contra a LGTBIfobia

No mes do orgullo compartimos o manifesto contra a LGTBIfobia lido polo profesorado do centro o 16 de maio:

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

® Imágenes y Gifs Animados ®: RECURSOS ESCOLARES: IMÁGENES DE LIBROS Y ...

Xa está aberto o prazo para presentar solicitudes de participación do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar (modelo ED330B)  para os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado incluído no artigo 1.2. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa coa que conviva en acollemento familiar.

O prazo para presentar solicitudes remata o día 21 de xuño de 2024 (incluído)

 

Poden consultar máis información na sede.xunta.gal

Himno Galego (conmemoración Día das Letras Galegas)

Vídeo realizado polo alumnado de 2º da ESO  interpretando o Himno Galego e coordinado pola profesora Santa Cameselle Giménez, do Departamento de Música, para conmemorar o Día das Letras Galegas.

 

Becas para alumnado con NEAE

Becas

Listaxes provisionais de alumnado admitido e excluído

Gifs Animados De Oficina Para Correos ElectrónicosXa se poden consultar no taboleiro de Secretaría, a partir de hoxe 25 de abril, as listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido para cada curso por orde da puntuación total obtida. O prazo de reclamación de puntuacións é de 5 días hábiles dende o seguinte á súa publicación.

As persoas solicitantes que conten cun certificado dixital ou chave365 poderán consultar as listaxes correspondentes á súa solicitude ou solicitudes a través da aplicación admisionalumado

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O punto laranxa funciona como un buzón para que o alumnado poida comunicar de xeito anónimo uha situación acoso ou ciberacoso que sufra el ou ela ou que observa que lle pasa a outras persoas.

O buzón laranxa está dispoñible fisicamente no centro educativo nas escaleiras baixando a administración e de forma virtual na páxina web do centro.

A túa comunicación será tratada de forma confidencial e rápida.

 

8 M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

RESULTADOS ESTUDO HÁBITOS VIDA SAUDABLES

No ano 2022 o instituto participou, coordinado polo departamento de educación física, no estudo Health Behavior in School-aged Children (HBSC)
O obxectivo principal do devandito estudo consistía en coñecer tanto os estilos de vida e a saúde das e dos adolescentes escolarizados, así como as características máis significativas dos contextos sociais nos que crecen. O fin último é que ese coñecemento permita deseñar estratexias de intervención orientadas á promoción da saúde nestas poboacións.
Por este motivo, queremos compartir os resultados do informe con toda a comunidade educativa, facendo partícipes tamén ás familias para que sexan coñecedoras dos hábitos e condutas do alumnado en prol do seu benestar emocional e físico.

Podedes acceder aos resultados premendo na imaxe:

 

Cerler 2024 (3º ESO)

Distribuir contido

Contador de visitas



by Dr. Radut