![](https://lh7-us.googleusercontent.com/sngAouYK4oNY3hnpF0QFij01Hgo46AaKMQW9RhZ-J7Ihy29WwpTMCAgiJEhgKvy8tL04h5v_ceocpHXbtQYxiPzpQWFRZT7Wb9Dh9QkJX-jZYoBVS6QfFLfH2uj5Op3qUWZQu2aL9IAAa-zVbhm_YYk)
No ano en que Portugal conmemora os 50 anos da Revolução de Abril em Portugal, na Galiza celebramos a III Feira Portugalega. Como en edicións anteriores, as actividades, que son organizadas por alumnado do IES Castro Alobre, desenvolveranse no Espazo Xove de Vilagarcía de Arousa durante a tarde do 25 de abril.
![Music Sticker - Music Stickers](https://media.tenor.com/15YUsMWt4FEAAAAj/music.gif)
A Intelixencia Artificial e a poesía galega e portuguesa abrirán a Feira, ás 16:00, cun obradoiro no que Miguel Rodríguez e Hugo Costa de “MH Producindo”, alumnos de Bacharelato e creadores do exitoso Rosal.ia, explicarán as posibilidades de combinar textos literarios coa música máis actual a través da IA. A continuación, comezará o Obradoiro de Cociña Portuguesa, no que se elaborarán dúas sobremesas que no fin se poderán degustar, e o esperado Torneo de FIFA con países da Lusofonía.
![](https://cloud.alqueria.es/wp-content/uploads/sites/8/2020/04/nutrichefsitos.gif?resize=300%2C251&ssl=1)
En simultáneo, os/as asistentes tamén poderán percorrer o espazo vendo a Exposición “Irmandade Portugalega” resultante do I Concurso “Somos Lusofonía” e non podía faltar, como en anos anteriores, un espazo dedicado á lingua co curso express: Como sobrevivir no Brasil? Como novidade, este ano contaremos cun representante da “Associação de Docentes de Português na Galiza”.
Todo isto estará acompañado de música, arte, xogo, moita diversión e camaradagem e teremos un fin de festa moi especial, os Mozos de Arousa Moza farán un Reacción en Cadena á portuguesa. Iremos anunciando os participantes!
Información completa: @galegocastroalobre (Instagram)
Animádevos a participar!!!