Skip to Content

Novas

Memoria gráfica-Actividades ENDL curso 20-21

Oferta educativa

Con motivo da apertura dos prazos de reserva de praza para colexios adscritos, así como da próxima apertura en marzo dos prazos de admisión de novo alumnado non adscrito, animamos a todas as persoas interesadas a que consulten a OFERTA FORMATIVA do centro así como o  BLOG DE ORIENTACIÓN. Nestas ligazóns atópanse os programas nos que participa o centro, horarios, instalacións, visitas guiadas a través de presentacións e, por suposto, as materias que configuran a oferta en cada nivel, así como as seccións bilingües e outras medidas de atención á diversidade.
Avisaremos por este mesmo medio da apertura dos prazos de admisión e da documentación necesaria.

abalarMóbil ESPAZO ABALAR

Rógase as familias que aínda non se rexistraron na plataforma AbalarMóbil e querina recibir as notas e os avisos directamente no teléfono a través dela, que a instalen nos seus dispositivos. A descarga, a instalación e o rexistro son moi doados: unha vez instalada a aplicación, debe introducirse o número de teléfono que se deu no centro e a aplicación de forma automática vincúlase co fillo/a que teña matriculado/a no centro.

En calquera caso, deixamos aquí  a guía de instalación da aplicación  e un video por se tivesen algunha dúbida e, coma sempre, estamos á súa disposición por correo electrónico ou teléfono, para resolver calquera cuestión ao respecto.


 

Distribuir contido

Contador de visitas



by Dr. Radut