As primeiras semanas de curso, en Xeografía e Historia aproximámonos á Prehistoria. Cos coñecementos adquiridos e o traballo realizado, o alumnado de 1º ESO foi quen de converter os corredores do instituto nunha sala expositiva ondo difundir o patrimonio arqueolóxico do entorno próximo.
Concretamente, por medio de técnicas de traballo arqueolóxicas, crearon e expuxeron imaxes de petróglifos do Parque de Arte Rupestre de Campo Lameiro que visitaron no mes de outubro.
Porque o Castro Alobre ten Historia...pero tamén Prehistoria.
Departamento de Xeografía e Historia